Feijóo: "Temos que celebrar eleccións de forma inmediata"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2020

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantén a incógnita sobre cando será a nova data das eleccións autonómicas que quedaron suspendidas pola pandemia do coronavirus e, aínda que tampouco desvelou se as convocará este luns, este domingo dixo que o fará "máis pronto que tarde" porque se teñen que celebrar "de forma inmediata" para evitar un rebrote da COVID-19.

"Temos que celebrar eleccións de forma inmediata", manifestou a preguntas da prensa tras participar na videoconferencia entre os líderes autonómicos e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na que, tal e como asegurou Feijóo, só se falou "de sanidade". "Ningún presidente autonómico falou de cuestións que afectan á súa comunidade desde o punto de vista electoral", explicou, aínda que dixo "coñecer cales son os tempos electorais" que marca a lexislación, concretamente 54 días entre a súa convocatoria e a votación.

O presidente galego insiste en que o informe do seu comité clínico da Xunta avalou que a cita coas urnas sexa "canto antes, a principios de verán", para evitar que coincida cun repunte da enfermidade no outono, aínda que tamén se poden dar rebrotes pola chegada de turistas en verán.

Con este horizonte, o 12 de xullo sería o primeiro domingo posible para os comicios, para o que o Diario Oficial de Galicia (DOG) tería que publicar a convocatoria como moi tarde este martes. No caso de que opte polo 19 de xullo, tería unha semana máis de marxe. En calquera caso, Feijóo garantiu que "por suposto que convocará aos medios de comunicación" para trasladar a súa decisión.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa.. XUNTA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.