O comité de expertos sanitarios do PSdeG asegura que "convocar eleccións agora é xogar á lotaría"

Caballero critica que sexa só Feijóo o "único que estea a pensar en eleccións" en plena crise do coronavirus.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2020

O Partido Socialista de Galicia (PSdeG) e o seu secretario xeral, Gonzalo Caballero, apóianse nas conclusións do seu comité de expertos en sanidade para asegurar que "convocar eleccións galegas agora é xogar a unha lotaría para a que Feijóo non debería comprar boletos".

Este domingo, o medio centenar de expertos sanitarios que os socialistas reuniron nun comité telemático subliñaron que "a incerteza" dun rebrote non debuxa o mellor escenario para celebrar os comicios autonómicos que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quere convocar "de forma inmediata".

Sobre este asunto, Caballero lembrou que a lexislatura do presidente popular acaba o setembro e por iso hai que "buscar un momento no que se poidan compatibilizar as garantías sanitarias coas democráticas".

Ao seu xuízo, sería unha "irresponsabilidade por parte de Feijóo" marcar no calendario unha data en xullo e, ademais, acúsao de que o titular do Goberno galego "sexa o único que está a pensar nas eleccións en plena emerxencia sanitaria".

Liña seguida apuntou a que Feijóo debería "antepor a defensa da saúde dos galegos e das galegas ás súas estratexias" e que mesmo el mesmo "admitiu que non se pode prever a situación do virus no mes de xullo e que os seus informes non descartan un novo brote para esas datas".

Por outra banda, o secretario xeral quixo destacar que os expertos "coinciden" á hora de sinalar que "o escenario que temos por diante é moi incerto", como así lle trasladaron na reunión telemática que mantiveron este domingo, con personalidades como a ex conselleira María José Rubio e o ex director xeral de Saúde Pública Ramón Medina.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Reunión telemática do comité de sanidade do PSdeG. PSDEG / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.