Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/05/2020
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, convocou este luns Consello da Xunta extraordinario e, posteriormente, comparecerá publicamente, probablemente para anunciar eleccións para o 12 de xullo. Segue así os pasos de Íñigo Urkullu que este luns tamén convocaba aos medios para anunciar a cita electoral.
As últimas eleccións en Galicia e País Vasco sempre coincidiron, incluída a data do 5 de abril, citas coas urnas que tiveron que ser aprazadas pola pandemia. Ambas as convocatorias de Feijóo e Urkullu coñecéronse esta mañá. Todo fai prever que os dous anunciarán eleccións autonómicas para o 12 de xullo.
Os dous presidentes escoitaron aos partidos políticos, requisito ao que ambos os dous se comprometeran nos decretos do pasado 17 de de marzo polo que deixaban sen efecto os comicios do 5 de abril pola pandemia do coronavirus. Con todo, o apoio é diferente.
No caso de Galicia, as principais forzas da oposición, PSdeG, Galicia en Común e BNG opóñense aos comicios. Só algúns deputados do Grupo Mixto, ademais do PP, apoian unhas eleccións en xullo. No caso do País Vasco só EH Bildu e Elkarrekin Podemos se opuxeron a celebralos en xullo, xa que o resto condicionaba o seu desenvolvemento a que se fixese "con garantías sanitarias e democráticas".
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O que debera explicar o PSOE galego é por qué aquí se opoñen (con menos casos) en cambio están a favor en Esukalerría (?) Pero sobre todo o BNG debera valorar en positivo que Galicia apareza no mapa electoral a carón de Euskadi como nacionalidade histórica de relevancia en tempos de RECENTRALIZACIÓN Autoritaria !!! O que tan máis urxencia non son as eleccións autonómicas senon o que todos votarán este mércores no Congreso en Madrid (?) https://twitter.com/00Gamela/status...
Feijóo, en rolda de prensa na sede de San Caetano. Xunta de Galicia