A convocatoria de eleccións deixa sen efecto o acordo para que Feijóo compareza cada dúas semanas no Parlamento

A constitución do novo hemiciclo será no prazo máximo dun mes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2020

A convocatoria de eleccións anunciada este luns polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para o próximo 12 de xullo deixa sen efecto o acordo alcanzado polos grupos políticos para que, durante a pandemia pola crise do coronavirus, houbese comparecencias quincenais do mandatario galego e plenos con preguntas e outras iniciativas dos grupos.

A este acordo tardouse en chegar máis de dous meses desde que se cancelaron as eleccións previstas para o 5 de abril, a pesar de que nas conversas dos líderes políticos para acordar a suspensión do proceso electoral estaba sobre a mesa a necesidade de que a Deputación Permanente funcionase dunha forma máis intensa que coas súas funcións habituais.

Dábase a situación dun Goberno cun lexislativo disolto pola cita electoral que non se ía a celebrar, o que impide aos grupos políticos exercer o dereito de control ao Executivo, así como a Xunta tampouco podía tramitar leis.

No seo da Deputación Permanente compareceu o presidente da Xunta en dúas ocasións, así como tamén o vicepresidente autonómico e varios conselleiros a petición propia, aínda que tamén a oposición demandou a presenza dos titulares das carteiras autonómicas nas distintas materias. Especialmente, o de Sanidade, para abordar a crise sanitaria, a de Política Social, para explicar a situación das residencias; a de Educación, ante a situación dos alumnos sen clase desde marzo, e o de Cultura e Turismo, pola crise no sector.

Tamén acudiron o conselleiro de Facenda para explicar a situación económica de Galicia e as actuacións da Xunta nesta materia, e a titular de Medio Ambiente.

PRAZOS

Agora haberá que activar de novo os prazos electorais, como así o ditaminou a xunta electoral no seu día, xa que se entende que para non vulnerar o dereito daquelas persoas que alcanzaron a maioría de idade neste tempo, é preciso incluílas no censo electoral que poderá acudir ás urnas o próximo 12 de xullo.

A normativa parlamentaria sinala que o decreto de eleccións fixará o día de constitución da Cámara e, a partir de aí, empezarán a correr o resto de prazos. Para que se acrediten os deputados da nova lexislatura e se poida celebrar o acto de constitución do hemiciclo, hai un prazo máximo dun mes, que aínda que se pode acurtar, hai que ter en conta que hai que deixar tempo para realizar os trámites e dar curso a posibles alegacións.

Deste xeito, é previsible que ata principios de agosto non poidan tomar posesión os deputados da nova cámara lexislativa, tras o que se abre un prazo para a constitución dos grupos parlamentarios e outros dez días para a constitución das comisións da cámara.

A toma de posesión do presidente terá que realizarse nun prazo máximo de 30 días desde a constitución do Parlamento, segundo recolle o regulamento. En 2016, cando se celebraron eleccións o 25 de setembro, a constitución do hemiciclo fíxose o 21 de outubro e Feijóo tomou posesión o 10 de novembro.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Parlamento / Xunta.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.