Twitter, Instagram, YouTube e Tik Tok, "as grandes gañadoras" da era Covid

As nosas interaccións, condutas e comportamento dixital víronse fondamente alteradas neste confinamento.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2020

A crise provocada polo coronavirus expuxo grandes cambios sociais, políticos e económicos que xa están a ter consecuencias no día a día. A interacción, a conduta e o comportamento dixital da sociedade mudou por completo dende que o mundo se confinou.
 
Segundo datos oficiais de Instagram, as interaccións entre marzo de 2019 e marzo de 2020 aumentaron en máis do 100%. "Twitter, Instagram, YouTube e Tik Tok foron os grandes gañadores da era Covid", afirma Agustina Chiaravalli, Social Media Manager da axencia White Rabbit. "En Twitter xeráronse máis de 300.000 trending topics relacionados coa pandemia global, a economía e a situación política dos distintos países", engade.
 
Neste marco, o comportamento dixital comeza a rexerse con novos patróns que inclúen intención, empatía, intereses, sentimentos, emocións e outros factores que se esconden detrás dos usuarios das plataformas dixitais. Hashtags como #StayAtHome, #QuedateEnCasa e #Covid19 situáronse como trending topics en todos os continentes ao mesmo tempo e foron adoptados dentro das conversacións das redes sociais.
 
As aplicacións de mensaxería instantánea tamén se volveron importantes para os usuarios durante este período. Segundo o último informe de Hootsuite, as chamadas a través de Facebook, por exemplo, incrementáronse un 70% ao mes e as videollamadas e as mensaxes de voz creceron un 100% en WhatsApp. "Os vídeos de meditación en YouTube aumentaron un 51%, do mesmo xeito que os de fitness; e as descargas da aplicación Tik Tok superaron as 3 millóns en todo o mundo. Tamén creceron os vídeos en vivo de música e deporte, xa que son os temas que máis consomen os Millenials e a Xeración Z", subliña Chiaravalli. 
 
NOVA LINGUAXE
 
Tamén os usos da linguaxe se foron modificando. O noso idioma é permeable aos cambios e non puido escapar á pandemia. Para a Real Academia Española (RAE), un reflexo disto é que "palabras como pandemia, epidemia, corentena, confinar, confinamento, hipocondría, asintomático ou, por suposto, coronavirus aparecen nos postos máis altos de palabras buscadas estes días no dicionario". Esas verbas que antes non formaban parte do noso día a día e que só utilizaban os especialistas, agora convertéronse nas máis habituais. Moitas delas nin sequera están engadidas no dicionarios, pero son xa parte de nós.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Unha muller con máscara fai unha foto co móbil no segundo día de desconfinamento durante a Pandemia Covid-19 que xerou o Estado de Alarma en España. A 3 de Maio, 2020 en Madrid, España. Joaquin Corchero / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.