Os hospitais galegos non comunican novas mortes por cuarta ocasión desde o inicio da alerta

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2020

Os hospitais galegos seguen sen comunicar novos falecidos. Por cuarta vez desde o inicio da crise sanitaria, os centros sanitarios non informaron de ningunha vítima mortal con COVID-19. Tampouco transcendeu ningún outro morto rexistrado en residencias de maiores, que suman xa 12 días seguidos sen falecidos co virus.

Deste xeito, Galicia leva dous días consecutivos sen coñecer unha soa morte atribuída á pandemia e a cuarta desde o inicio da alerta. A primeira o pasado 29 de abril, a segunda o 14 de maio e a última este luns.

A primeira vítima mortal deste virus rexistrouse o 14 de marzo, unha muller de 92 anos que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Nesa mesma xornada producíase tamén a morte dun home de 81 anos ingresado en Pontevedra e que deu positivo na proba de COVID-19.

607 FALECIDOS

As mortes en Galicia con coronavirus sitúanse en 607. O último caso que transcendeu foi este domingo, o de home de 88 anos ingresado no Hospital A Rosaleda, en Santiago de Compostela, e que tiña patoloxías previas.

O número de mortes rexistradas en atención hospitalaria son 475: 126 na área sanitaria da Coruña, 101 na área de Ourense, 91 na área de Vigo, 85 na área de Santiago, 30 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (dúas deles en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra.

A estas defuncións hai que sumar as 132 producidas dentro das residencias de maiores.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Mapa con casos de coronavirus en España a 19 de maio ás 17:00. EPDATA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.