O comité de Navantia Ferrol impide o traballo dos operarios porque non se cumpre o protocolo de seguridade

Di que realizou inspeccións e que comprobou que ese protocolo non se cumpre

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2020

Integrantes do comité de empresa de Navantia Ferrol colocáronse desde primeira hora da mañá deste mércores, 20 de maio, ante as dúas portas do estaleiro e impediron o acceso dos operarios para denunciar que non se cumpre o protocolo de seguridade.

En concreto, con esta medida pretenden advertir á dirección de que non se cumpre o protocolo de seguridade pactado pola crise do coronavirus COVID-19 entre a dirección e os sindicatos no comité de emerxencia que ten constituído.

Pola parte social aseguraron que nos últimos días realizou un traballo de comprobación do cumprimento das normas de seguridade no interior da factoría que se comprometeron a aplicar ambas as partes e elaboraron un documento no que emprazaron á dirección a resolver o incidente, pero que esta non acometeu as peticións.

Ante iso decidiron impedir este mércores o acceso ás instalacións dos operarios, tanto da empresa principal como das compañías auxiliares e paralizar, desta maneira, a produción.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Concentración na porta de Navantia Ferrol. / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.