Lixeiro incremento das persoas ingresadas en UCI pola COVID-19

Tras a diminución dos últimos días, este mércores houbo un caso máis que o martes. Redúcese o número de hospitalizados e de persoas con seguimento domiciliario

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 20/05/2020

O número de casos activos de coronavirus en Galicia baixou nas últimas horas a 1.063, 73 casos menos que os notificados hai un día, e o cómputo de persoas curadas alcanza as 9.411, tras darse outras 130 altas, segundo os datos trasladados este mércores pola Consellería de Sanidade.

Fontes sanitarias precisaron que, do total de casos activos, 290 correspóndense coa área de Vigo, 285 son da área sanitaria da Coruña, 171 da área de Ourense, 168 correspóndense coa área de Santiago, 69 coa de Lugo, 51 coa de Pontevedra, e 29 coa área sanitaria de Ferrol.

Con respecto aos pacientes con COVID-19 hospitalizados, repuntou lixeiramente a cifra de ingresados en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) ata os 16, un máis que este martes. Mentres, baixou o número de pacientes nunhas unidades convencionais de hospitalización, ata os 79, o que supón 13 menos que ata hai un día.

Ademais dos afectados que están a ser atendidos en hospitais, hai 968 persoas con coronavirus que reciben seguimento domiciliario, 61 menos que este martes. O balance de pacientes xa curados tamén se incrementou, despois de que 130 persoas recibisen o alta nas últimas horas, co que Galicia suma 9.411 persoas recuperadas.

Finalmente, con respecto ás probas PCR realizadas, Sanidade confirmou que, nas últimas horas, aumentaron en 1.497, co que o total de probas en Galicia ascende a 128.856.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus / EFE

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.