Este é o mapa da Galicia inmune ao virus: Ourense a que máis e A Coruña a que menos

A Xunta estima que 30.000 galegos xa están inmunes pero evita confirmar cando se fará a segunda ondada do estudo. "Cando toque", apuntan.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/05/2020

O estudo de seroprevalencia do Sergas ratifica que o coronavirus COVID-19 circulou pouco por Galicia, cunha prevalencia do 1,15 por cento, con Ourense como a provincia con maior porcentaxe, 1,88%, e A Coruña co menor, 1,07%. Así, a Consellería de Sanidade estima que "30.000 galegos están inmunizados", deles 17.000 mulleres e 13.000 homes.

Deste xeito informárono na rolda de prensa telemática de presentación do 'Estudo de seroprevalencia fronte ao COVID-19 en Galicia' o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez; o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, e o subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada.

En concreto, apuntaron que a prevalencia do virus entre a poboación galega aumenta conforme se incrementa a idade, polo que sitúa no 0,56% entre os galegos de 0 a 18 anos; sobe ao 1,09% entre os 19 e 64 anos e aumenta ao 1,64% entre o colectivo maior de 65 anos.

Por áreas sanitarias, a de maior prevalencia é a de Ourense, co 1,88%; seguida da de Vigo, co 1,64% e as de Pontevedra e Santiago, con máis dun 1%; mentres que a da Coruña sitúase como a de menor.

En canto aos concellos de máis de 50.000 habitantes, Vigo sobresae cun 2,08% de prevalencia, que xustifican na densidade de poboación e na cantidade de persoas que acoden a traballar; seguida de Ourense (1,8%), Pontevedra (1,24%) e Santiago (1,1%), coa Coruña, Lugo e Ferrol á cola, con menos dun un por cento. Por comarcas, a do Barco de Valdeorras sitúase á cabeza, como "única que supera o tres puntos de prevalencia", afirmou Paz-Ares.

Sobre as comarcas, polo número de casos positivos, o estudo sitúa á cabeza á do Barco de Valdeorras, seguida da de Vigo; Ourense, A Coruña e O Salnés. O director xeral de Saúde Pública recalcou que a zona xunto á Autovía das Rías Baixas presenta "maior prevalencia".

Os test da primeira onda para o estudo autonómico de seroprevalencia, iniciado o 23 de abril, concluíron o pasado 8 de maio para analizar a circulación do virus SARS-Cov2 na Comunidade galega, na que o Sergas contactou cunha mostra 50.925 participantes na mostra. E o Sergas asegurou que a segunda onda prevista farase "cando toque".

SECTORES

Por sectores de actividade, puntualizou o 0,29% no primario e un terzo máis (0,82%) o da industria e construción. "Ten a metade da prevalencia que se detectou no sector de servizos", sostivo, para matizar que a xente activa rexistrou máis positivos, "case o dobre que os que están en paro". E en canto ao persoal considerado esencial, o estudo do Sergas constata "dobre prevalencia" que os que desenvolven a súa actividade noutros servizos.

En canto á prevalencia por sexos, Paz-Ares apuntou que é maior entre as mulleres, cunha diferenza de "2.500" máis fronte aos homes. "En todos os grupos nas mulleres a prevalencia é superior", afirmou. Con todo, ratificou a "inmunidade baixa" na Comunidade galega, ao ratificar o 1,15% de taxa. Neste sentido, entre as conclusións destacaron que a prevalencia de inmunes nas persoas que tiveron síntomas da enfermidade multiplica por catro á das persoas que non os presentaron (2,73% fronte ao 0,7%).

PARTICIPANTES

Paz-Ares incidiu en que a taxa de participación situouse no 72,5 por cento tras aceptar participar 44.832 persoas dos 61.836 cidadáns contactados de modo aleatorio. En canto ao grupo de idade, apuntou que no de 19 a 64 anos "baixou 10 puntos" a participación dos homes respecto das mulleres. Mentres, valorou que nos de 0 a 18 anos e maior de 65 é "moi similar" a colaboración de ambos os sexos.

En canto aos concellos de máis de 50.000 habitantes, Vigo sobresae cun 2,08% de prevalencia, que xustifican na densidade de poboación e na cantidade de persoas que acoden a traballar; seguida de Ourense (1,8%), Pontevedra (1,24%) e Santiago (1,1%), coa Coruña, Lugo e Ferrol á cola, con menos dun un por cento. Por comarcas, a do Barco de Valdeorras sitúase á cabeza, como "única que supera os tres puntos de prevalencia", afirmou Paz-Ares.

Preguntados sobre se sorprendeu os resultados, Aboal manifestou que o estudo se realizou para "saber a circulación do virus", á vez que destacou que Galicia tivo "un par de semanas de anticipación" en establecer medidas e o confinamento "foi moi cedo" na autonomía, polo que "o impacto da taxa de ataque foi baixo". "Esta é a realidade coa que temos que traballar", dixo Aboal, que reivindicou o sistema de vixilancia epidemiolóxico "estrito" de Galicia. "Temos que estar moi atentos á vixilancia da circulación deste virus", apostilou.

Pola súa banda, Xurxo Hervada lembrou que "se partía" dunha "posible prevalencia do 5%" e matizou que se espera "estar na banda baixa do Estado" polo que a "sorpresa" polos datos foi "relativa", admitiu. "Sabiamos que iamos estar baixos", abundou, para asegurar que "o número de poboación inmune tan pequeno que frea o virus", tampouco en comunidades cun 11% de prevalencia, asegurou.

SEGUNDA ONDA

O director xeral de Asistencia Sanitaria reiterou o aval dos test serolóxicos empregados nesta primeira onda do estudo epidemiolóxico do Sergas. "Foron homologados polo Goberno chinés, teñen homologación para a venda na Comisión Europea e foron validados polo Centro Nacional de Microbioloxía", aclarou.

Ademais, puntualizou que o estudo realizado con este test en Galicia conta cun "axuste por sensibilidade" da proba empregada, polo que reiterou a "confianza do 95%". "Son datos moi precisos e cunha confianza moi alta", concluíu. E asegurou que a segunda onda prevista farase "cando toque" para "completar o estudo", sentenciou o director xeral de Asistencia Sanitaria, que lembrou que este se deseñou "con dúas ondas". "O estudo segue o seu camiño", concluíu.

DIFERENZA CO ESTUDO ESTATAL

O Sergas xustifica a diferenza dun punto porcentual da prevalencia establecida do coronavirus COVID-19 en Galicia pola primeira onda do estudo epidemiolóxico galego (1,15%) co estatal (2,1%) en que ambos "dan diferentes perspectivas". "O obxectivo era distinto", abundou Aboal.

Neste sentido, puntualizou que o do Sergas mide a circulación por un territorio "onde a unidade é o cidadán dunha rexión", fronte ao do Ministerio de Sanidade, centrado no comportamento do virus "na unidade familiar", matizou. Deste xeito, Aboal insistiu en que o do Ministerio busca determinar a transmisión na unidade familiar e o do Sergas "nunha comunidade autónoma". "Son estudos complementarios", abundou para "saber como circula o virus".

Por outra banda, preguntados polo motivo da non inclusión no estudo do Sergas de datos de residentes en institucións como centros de maiores, Hervada aclarou que "se excluíron porque a circulación do virus é diferente entre a poboación que está en institucións pechadas".
Respecto diso, Aboal concretou que non se incluíron persoas de residencias porque o estudo do Sergas "buscaba a circulación do virus por Galicia", por "áreas sanitarias, grandes municipios e comarcas".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Mapa de concellos con casos de coronavirus

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.