A Costa da Morte e a Montaña de Lugo son as comarcas con menor circulación do virus

Fonsagrada, Quiroga, Ancares e A Mariña Central en Lugo; e Noia, Bergantiños, Xallas, Terras de Soneira e Betanzos na Coruña rexistraron unha prevalencia de entre o 0 e o 0,5%, uns valores que non se detectaron en ningunha das comarcas das provincias de Ourense e Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2020

A Costa da Morte na provincia da Coruña e a Montaña de Lugo son, xunto coa tamén lucense Mariña Central, Betanzos e a ría de Muros e Noia, son as comarcas de Galicia onde menos circulou o coronavirus.

Así se desprende dos datos do 'Estudo de seroprevalencia fronte ao COVID-19 en Galicia', presentado este mércores en rolda de prensa telemática polo director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez; o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, e o subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada, e que se realizou "cun intervalo de confianza do 95%".

Deste xeito, na análise efectuada por comarcas e agrupacións de comarcas, as zonas da Fonsagrada, Quiroga, Ancares e A Mariña Central en Lugo; e Noia, Bergantiños, Xallas, Terras de Soneira e Betanzos na Coruña rexistraron unha prevalencia de entre o 0 e o 0,5%, uns valores que non se detectaron en ningunha das comarcas das provincias de Ourense e Pontevedra.

En Pontevedra, só O Deza ten unha prevalencia inferior ao 1%, un nivel que se dá nas zonas ourensás de Verín, O Ribeiro e Celanova; as coruñesas de Fisterra, Muros, Ortegal, Eume, Ferrol, A Coruña, Melide, Arzúa e Ordes; e as luguesas da Terra Chá, Lugo, A Ulloa/Chantada e Sarria.

Por contra, as áreas nas que, segundo o estudo da Xunta, detectouse maior circulación do virus foron Vigo, as comarcas ourensás de Valdeorras, Trives, Viana, Caldelas, Allariz, Ourense e Carballiño, onde a prevalencia é maior que o 1,5%.

Tamén superan este nivel a comarca de Tabeirós en Pontevedra, as coruñesas Sar e A Barcala; e A Mariña Oriental e Meira, ambas as en Lugo.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Estudo de prevalencia por comarcas en Galicia. XUNTA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.