A COVID-19 provoca un descenso de estranxeiros na Seguridade Social en Galicia en abril

Se se ten en conta a media mensual, o descenso de afiliados estranxeiros en Galicia sería de case do 5,93%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2020

Os afiliados estranxeiros á Seguridade Social baixaron en Galicia un 1,66 % desde o 1 ao 30 de abril pasado, segundo os datos trasladados este xoves polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

O departamento que dirixe José Luís Escrivá sinalou que debido ao impacto da pandemia provocada polo coronavirus, a evolución diaria resulta máis ilustrativa que a media mensual para valorar a marcha do mercado de traballo.

Se se ten en conta a media mensual, o descenso de afiliados estranxeiros en Galicia sería de case do 5,93 %, o que supón 2.313 persoas menos, mentres que a variación anual (con respecto a abril do 2019) foi moito menor, do 0,86 %, é dicir, 319 persoas menos.

Así, o número de afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia en abril deste ano é de 36.693, dos que 14.410 proceden de países da UE. O maior número destes afiliados correspóndese coas provincias da Coruña 13.606 e Pontevedra (12.731), seguidas de Lugo (5.499 afiliados estranxeiros) e Ourense (4.858).

Por outra banda, a gran maioría destas persoas están inscritas no réxime xeral (24.195 persoas), mentres que 6.871 son autónomos. En Galicia hai 3.183 estranxeiros inscritos no sistema especial de empregados de fogar, outros 1.299 no réxime de Mar, e 1.145 no sistema especial agrario.

AFILIACIÓNS POR SECTORES

Por sectores, segundo os datos do Ministerio, a maior parte de estranxeiros afiliados no réxime xeral da Seguridade Social traballan en Hostalaría (un 18,96 por cento), Industria Manufactureira (un 11,94 por cento), como empregados do fogar (un 11,16 por cento), en comercio e reparación de vehículos (un 11 por cento) e na construción (un 8,16 por cento).

No caso dos autónomos, os sectores en Galicia con máis afiliados estranxeiros son o de comercio e reparación de vehículos (un 30,14 por cento) e a hostalaría (un 19,79 por cento).

PAÍSES DE PROCEDENCIA

En canto aos países de procedencia destes afiliados, dentro a UE a maioría son cidadáns procedentes de Portugal (7.609), seguidos por persoas de Romanía (2.650) e de Italia (1.714). Dos países extracomunitarios, Venezuela é o que achega máis afiliados estranxeiros a Galicia, con 3.377, seguida de Brasil (2.251 afiliados) e Marrocos (1.963).

DATOS ESTATAIS

En España, a Seguridade Social gañou 4.668 afiliados estranxeiros en abril (+0,2%), ata un total de 1.971.060 cotizantes, con datos a último día de mes. Se se analiza o comportamento da afiliación media, o número de cotizantes estranxeiros reduciuse en 101.377 afiliados en abril respecto de marzo, ata 1.972.552 traballadores.

Ademais, por primeira vez desde outubro de 2014, a variación interanual é negativa, cun descenso dos ocupados estranxeiros de 113.848 (-5,4%) respecto de abril de 2019.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A Seguridade Social perdeu cotizantes estranxeiros / EUROPA PRESS - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.