A lingua galega perde peso en Internet e segue moi por debaixo do catalán e éuscaro

O galego perde 12 postos, até o 61 no mundo, entre os idiomas usados en sitios web. Na Wikipedia, a Galipedia tamén perde posicións por número de artigos publicados. E os sitios co dominio .gal están por debaixo dos que se utilizan para linguas e culturas como a éuscara, escocesa, bretoa ou galesa.

Por Alberto Quian | Madrid | 21/05/2020

A lingua galega está a perder peso en Internet. Segue no longo grupo de idiomas que representan menos do 0,1 % dos contidos na Rede e atópase en caída. En concreto, os sitios web en galego son só agora o 0,0037 % do total da Rede, o que coloca a nosa lingua no posto 61 no mundo. Perde nada menos que 12 postos respecto ao ano 2017, cando se atopaba no 49 e representaba o 0,01 % do total de contidos web.

A caída foi estrepitosa no último ano. En maio de 2019, o galego estaba no 0,0095 % dos sitios web (mesma porcentaxe que a finais de 2015), manténdose preto da cota obtida dous anos antes. Porén, en só doce meses caeu até ese 0,0037 % que a sitúa nos peores valores que coñeceu nos últimos anos, segundo datos estimados de W3Techs, división de Q-Success Web-based Services que actualiza a diario estatísticas da Rede a partir dos metadatos recollidos dos dez millóns de sitios web máis populares do mundo.

Os datos actuais sitúan o galego lonxe das cotas acadadas en 2013, por exemplo, cando o seu peso estaba preto do 0,015 %. Ese ano, até maio de 2014, a lingua galega viviu otra forte caída, até o 0,0075 %, pero a curva foi logo ascendente e o seu peso na Rede foi crecendo e estabilizándose preto do 0,01 %, até este último ano, no que se precipitou até tocar fondo, co peor valor nos últimos sete anos.

En maio de 2013, os sitios web en galego representaban o 0,015 % do total no mundo; hoxe tan só son o 0,0037 %, segundo cálculos estimados

Entre maio de 2013 e 2014, a porcentaxe do uso do galego reducírase nada menos que á metade, segundo datos estimados de w3techs.com, pasando de case o 0,015 % do total de contidos web no mundo a apenas un 0,0075 % un ano despois. Unha caída dramática que se freou e logo se conseguiu remontar, até acadar a maior porcentaxe dende setembro de 2013, aumentando a súa penetración en Internet até o 0,01 % en 2017.

A continuación mostramos, por orde, as gráficas de evolución de sitios web en galego para os períodos maio 2019-maio 2020, maio 2016-maio 2017, decembro 2014-decembro 2015 e maio 2013-maio 2014.

Tendo en conta que actualmente hai uns 1.772 millóns de sitios web no mundo a día de hoxe, segundo internetlivestats.com, podería haber arredor de 65.000 en galego (datos estimados), isto é, case a metade dos calculados en 2017, cando había uns 1.200 millóns de sitios en Internet e estimábase que deles un 0,01 % usaban a lingua propia de Galicia.

Entre as linguas cooficiais no Estado, a catalá é a que goza de mellor saúde en Internet, no posto 39 no mundo, con preto do 0,05 % dos sitios web; o éuscaro tamén supera o galego, ocupando o posto 46, con case o 0,013 %

Das tres linguas cooficiais no Estado español, a galega segue perdendo peso tamén respecto ao catalán e o éuscaro. De feito, a lingua vasca xa superara a galega en 2017: a finais de 2015, o éuscaro non chegaba ao 0,007 % do total de sitios web no mundo, ocupando o posto 52; en 2017 atopábase no 46, con case o 0,013 %; no último ano, tamén perdeu peso e postos, até o 53, ocupando o 0,0075 % de sitios web no mundo, o que o mantén por riba do galego, co dobre de porcentaxe.

O catalán segue sendo destes tres idiomas o que goza de mellor saúde. Atópase no posto 39 no mundo, con preto do 0,05 % dos contidos web e multiplica practicamente por 12 a presenza do galego en sitios web. Con todo, a lingua catalá tamén perdeu peso na Rede no último ano, caendo dun pouco máis do 0,1 % a un chisco menos do 0,05 %. Actualmente sitúase no posto 40 no mundo, dous por debaixo do que ocupaba en 2017, cando se situaba entre o grupo de 38 idiomas que superan o 0,1 %.

Mentres, o castelán é a terceira lingua con máis uso en sitios web, co 4 %, por detrás do ruso, que está presente no 8,6 %, e do inglés, que domina Internet de xeito case esmagador, cun 59,6 %. Precisamente, estes dous últimos idiomas son os que máis incrementaron o seu peso en Internet no último ano: un 2,6 % o ruso e un 5,6 % o inglés (o español, por exemplo, perdeu un punto porcentual).

No caso da lingua irmá portuguesa, tamén retrocedeu estes últimos doce meses, pasando do 2,9 % ao 2 %, e ocupa o noveno posto.

A GALIPEDIA TAMÉN PERDE PESO NO UNIVERSO ‘WIKIPEDISTA’

A perda de peso que reflicte W3Techs para o galego nos sitios web ten correspondencia na caída da Galipedia na clasificación de Wikipedias por idiomas, aínda que a caída porcentual é máis leve.

A Viquipèdia en català ten catro veces máis entradas que a Galipedia e a Euskarazko Wikipedia, máis do dobre que a galega

Se en 2017 a versión galega da enciclopedia libre ocupaba o posto 47 entre 296 linguas, por número de artigos publicados, con 139.094 artigos publicados en galego a 16 de maio daquel ano, é dicir, o 0,3109 % do total de páxinas de contido publicadas na Wikipedia (44.735.293), agora ocupa o posto 50, con 165.085 artigos a día de hoxe, que representan o 0,3089 % do total (53.431.755).

A lingua galega segue tamén moi por debaixo do catalán e o éuscaro no universo wikipedista. A Viquipèdia en català suma xa 647.393 entradas publicadas (case catro veces máis que a galega) e a Euskarazko Wikipedia, 359.225 (máis do dobre que a Galipedia).

PUNTOGAL

Se nos fixamos nos sitios web co dominio propio de Galicia,  o .gal (PuntoGAL), o identificador do país suma 5.249 sitios, que representan o 0,02 % do total de dominios rexistrados, segundo datos de NTLDstats.com. Destes, 2.255 son dominios .gal ‘parqueados’ ou sen contido, é dicir, o 41,58 % (coñecidos como domain parked en inglés, son dominios diferentes ou alternativos que apuntan ao sitio web principal).

O .gal é o que menos creceu entre todos os novos dominios creados para linguas e culturas europeas, aprobados no seu día pola ICANN nun período similar. Así, o .scot (para a lingua e cultura escocesas) son xa 11.929 dominios; o .cymru (para a lingua e cultura galesas), 7.579; o .bzh (para a lingua e cultura bretonas), 9.146, e o .eus (para a lingua e cultura éuscaras) ten 10.796,  segundo datos de NTLDstats.com a día de hoxe.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

10 comentarios
4

uu1

Isso passa porque os galego falantes desconhecem (desconhecemos) o reintegracionismo que nos permite aceder a todos os contidos na nosso língua. Que um intolerante linguístico como Nostrus amosse-se jubiloso teria que fazer recapacitar aos que tomam decisões linguísticas de não querem que a nossa língua desaparece. Mais uma, bi normativa, a normativa RAG porque é a coñecida maioritariamente polos galegos (por se ensinar nas escolas e ser muito semelhante a castelhana), e da reintegracionista porque nós da aceso a todo um mundo de artigos, revistas e livros que não estão disponíveis na normativa RAG mais si os están noutras variedades do nosso idioma

4 respostas
1

Por nostrus: uu1 Yo creo que el intolerante es el que pretende que los demas sean como él, mientras que yo lo que proclamo es la diversidad, la realidad y la convivencia. Yo no reniego del gallego y reconozco que nos ofrece una pequeña ayuda en el mundo lusófono, pero sin llegar a tragar que son el mismo idioma. Yo no se si tu eres intolerante o no, ni se cunato cariño tienes por la lengua española, pero tu si que lo sabes. Yo estoy a favor del bilingüismo en Galicia, porque es la realidad gallega y la verdadera identidad. La larga vida que le queda al gallego depende exclusivamente de sus hablantes.

2

Por uu1: Mais uma, o galego é uma grande ajuda para aprendermos outros idiomas, inglês, francês ou italiano, mas o galego e o português são variedades do mesmo idioma, escuitemos a Castelao “O galego é um idioma extenso e útil, porque, com pequenas variantes, fala-se no Brasil, em Portugal e nas colônias portuguesas”, a Murguia “o galego e o português são um mesmo na origem, gramática e vocabulário”, ou aos ilustrados Feijóo “o idioma Lusitano, e o Galego são um mesmo” e Sarmiento: “a língua portuguesa pura não é outra que a extensão da galega”. Variedades existem em todos os idiomas, visitemos Valladolid, Cádiz ou Bons Aires, mas também Glasgow, Londres ou Nova Iorque, ou Paris e Montreal

3

Por nostrus: uu1 Pois eu sinto ferir a tua sensibilidade, pero a utilidade do galego limítase a axudarnos un pouco na lusofonia e nada mais e para comunicarnos co Brasil mellor o portugués. Para lingua útil...o español, ou o inglés, francés....En canto a seguir as ensinanzas de Castelao, prefiero facerlle o mesmo caso que os pensamentos de San Juan de la Cruz. Concibo o galego é un direito en Galicia para que a xente o use, sin necesitar ningunha excusa apelando a sua utilidade.

4

Por uu1: Pois é claro que Nostrus não fala nem francês, nem inglês. E sim o galego é muito útil para falar melhor o ÚNICO idioma global, alguns exemplos, machine, she, shoe, rush, fish, appreciate, associate, social, official, special, financial, musician, politician, magician, ancient, efficient; delicious, suspicious, precious, vicious, conscious, , discussion, expression, mission, negotiate, essential, confidential, initial, patient, ambitious, cautious, condition, section, sugar, censure, pressure, issue, ring, sing, singer, anger, tongue, pink, thanks, bang, hanger, bring, evening, morning, along, ocean, polar, solar, motor, total, moment, notice, home, stone… e isto unicamente com o sonido do “x” normativo, o “n velar” e o ditongo “ou”


3

Manuel..

Noraboa a Alberto por un traballo ben feito.


2

nostrus

Eso pasa porque a xente usa o galego porque quere e se sinte cómoda e non porque se sinta competindo nunha liga de linguas para ver quen leva a copa. Queda demostrado que as medidas nacionalistas para impulsar o galego só son un modo feixista de gastar os cartos, pero para nada impulsan o galego.


1

Gamela

Eu son dos que pensa que un lugar como GC fai máis pola lingua galega que moitos punto.gal, academias, partidos políticos, e demáis historias varias... Por qué? Pola santa LIBERDADE !!! Algo deberan aprender outros sitios para estar a altura dos tempos !!! Nota Bene: non recibo comisión algunha ! Pero sí recomendaría a tódolos comentaristas afrouxar 48 €uros ao ano, para manter cada día máis arriba a Liberdade de Expresión nas Redes (especialmente agora que todo dios pecha os muros de pago vía subvencións !) Se perdemos GC perderemos moito máis cun sito na Internet ! Perderémonos Nós !!!

2 respostas
1

Por cachamuíña: Vaites Gameliña!! Non será para tanto, ou!! A realidade da língua galega é a que é. O acontecido no Día das Letras é´unha boa mostra da pouca ou caseque nula importancia que a cidadanía galega lle da ao galego. A pesares dos chamamentos dalgúns partidos, asociacións, da Rag e mesmo das Institucións autonómicas, non se penduraron bandeiras, carteis, ou calquera outro símbolo relacionado coa data en cuestión, e menos aínda se falamos de Internet, de dominios ou cousas semellantes.

2

Por Gamela: Que non será para tanto...? Intenta facer comentarios en calquera outro lugar e verá a coña que ten agardar media semana para ver publicado algún (?) Cando non directamente fóra, censurado (Terra e Tempo) ! Pero se tí pensas ca lingua galega vaise salvar con bandeiras nos balcóns... (en fin, xa sabes quen colga bandeiras nos balcóns!)


Asociación puntoGal

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.