Xunta de Galicia e Vodafone lanzan o 'Reto DigiCraft Online' a escolares de 6 a 12 anos

Consiste na creación, por parte dos estudantes e de forma colaborativa, dun cómic dixital.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2020

A Xunta de Galicia e a Fundación Vodafone España lanzaron o 'Reto DigiCraft Online' dirixido aos escolares, de 6 a 12 anos, dos 50 centros educativos que participan no programa 'DigiCraft: no teu cole'.

Este reto era unha actividade deseñada para desenvolverse de forma presencial para pechar o curso, pero foi adaptada ao novo contexto de educación en liña debido á pandemia de coronavirus, e consiste na creación, por parte dos estudantes e de forma colaborativa, dun cómic dixital.

Para iso, proporcionaráselles a historia base, os escenarios e os personaxes, de forma que os escolares terán que completar o texto e debuxar as súas propias viñetas.

Os colexios terán ata o 12 de xuño para enviar a súa proposta e, ao longo da semana seguinte, elixirase o equipo gañador. O centro que gañe recibirá novos materiais para traballar con realidade aumentada, videoxogos, intelixencia artifical e robótica, e para continuar desenvolvendo o programa DigiCraft nas súas aulas.

Esta actividade enmárcase nun convenio de colaboración asinado en xuño de 2019 entre a Fundación Vodafone España, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Saída da rapazada do Instituto © Miguel Núñez

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.