‘Desconfinamento’, ‘covid-19’ ou ‘coronavirus’ xa están no dicionario da RAG

A última actualización acordada polo Seminario de Lexicografía inclúe tamén ‘teletraballo’, ‘webinario’, ‘desconfinamento’, ‘desescalada’ ou ‘resiliencia’.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/05/2020

O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega acordou na súa última xuntanza, celebrada telematicamente, incorporar ao Dicionario covid-19, coronavirus, teletraballo, desconfinamento e desescalada xunto a outras palabras de uso crecente en plena pandemia.

Unha situación que se debe a importante pegada que a crise sanitaria deixou pegada entre os termos máis buscados. Xunto aos que adoitan repetirse todos os meses nesta listaxe, como só, máis, fóra ou botar, nas últimas semanas as procuras das palabras corentena, confinamento, máscara e pandemia foron as que máis medraron.

A palabra covid-19 é un dos novos lemas que o Seminario de Lexicografía acordou incorporar ao Dicionario en resposta á irrupción na fala cotiá de distintos termos relacionados coa crise provocada por esta enfermidade. O Dicionario recolle tamén a posibilidade de seguir a consideralo un acrónimo, de modo que pode escribirse igualmente con maiúsculas, COVID-19, ou só con maiúscula inicial, Covid-19. Alén da escolla neste sentido, o xénero é sempre feminino, en concordancia co da voz ‘enfermidade’ á que se refire.

Tamén se incorpora o termo coronavirus e outros termos da medicina relacionados coa pandemia como os substantivos femininos sepse e sepsia (sinónimos de septicemia, que xa aparecía recollido), ou asintomático, asintomática, o antónimo de sintómático, formado co prefixo a- de orixe grega, que indica negación.

A familia léxica de teletraballo, formada a partir do prefixo de orixe grega tele- (a distancia) e cada vez máis empregada ao se converter nunha modalidade prioritaria no estado de alarma, xa está recollida tamén dende este venres no Dicionario. De igual maneira, xunto á palabra webinario, o Seminario de Lexicografía acordou engadir o fraseoloxismo seminario web na entrada de seminario. O Dicionario enriquécese tamén coas voces desconfinamento e desescalada, infodemia e resiliente, e incorpora as acepcións de resiliencia relativas á capacidade de adaptación a situacións adversas.

Dende o comezo do confinamento o pasado 15 de marzo, o Dicionario da RAG acadou o maior volume de consultas da súa historia. O mes de marzo rematou cunha media de 113.000 procuras diarias que en abril chegaron ás 133.000 (preto de 4.000.000 en total), un 82% por riba das rexistradas no mesmo período do ano anterior.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

S852

A ver cando aceptan "gracias", e non só o palabro de "grazas".


O dicionario da RAG incorpora 'desconfinamento' e 'covid-19', entre outras palabras da pandemia.. REAL ACADEMIA GALEGA

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.