Un dos primeiros casos de COVID-19 en Galicia: "Estiven mes e medio inconsciente e perdín 20 Kg"

Fernando Carrillo lembra que cando chegou ao hospital os médicos "non daban un peso" por el. O seu fillo destaca o caos inicial da sanidade galega e a incomprensión dalgúns veciños ao saber que estaba contaxiado.

Por Galicia Confidencial | Fisterra | 23/05/2020

José Fernando Carrillo Ugarte foi un dos primeiros casos da Covid-19 en Galicia. Comezou os síntomas antes de que a Xunta e o Goberno central descretaran as alertas. Comezou a ter dores de cabeza e dores gastrointestinais. Foi ao centro de saúde e dixéronlle que tiña gastroenterite. Na casa a febre subiulle. Volveu ao Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee, e volveron diagnosticarlle o mesmo e mandarono para casa.

Alí o seu estado empeorou ata o punto de que perdeu o coñecemento. Os seus fillos desesperábanse. Chamaban ao teléfono habilitado pola Xunta para o coronavirus e ninguén lles collía. "Eu chamei ata 200 veces", lembra o seu fillo. Foi ao hospital de Cee e alí dixéronlle que chamara ao número do coronavirus. "Xa chamei ao 061 e dinme que chame ao do coronavirus e no de coronavirus non me collen. Que fago?". "Pois deálle paracetamol para que lle baixe a fiebre e volva chamar a ese número", dixeronlle. Ao final e logo de moitos intentos conseguiu o seu ingreso. E xa no hospital o trato foi "esquisito".

Tardou dous meses en volver a casa, e facíao precisamente este luns enre o cariño e os aplausos d@s veciñ@s, despois dunha longa e heroica recuperación na UVI do CHUAC. Con 20 kg menos pero co sorriso e a lucidez de sempre.

Carrillo lembra como é ser un "auténtico sobrevivinte" e serviu de “coelliño de indias” ao ser un dos primeiros ingresados do país, polo que os sanitari@s “non daban un duro por min”. Nunha entrevista de Ubaldo Cerqueiro no QPC, Carrillo contou todo o proceso hospitalario, con excepción do mes e medio que ten esquecido por ter perdido o coñecemento. Quixo agradecer a labor de todos os sanitari@s e valorou a importancia da sanidade pública galega.

Pola súa parte, Fernando, o fillo, embarcado esta semana en Ferrol nun remolcador, contou como se vive dende o seo dunha familia a incerteza de non saber que vai pasar. Explicou con maior detalle como foron os procesos, e lamentou “a tensión e falta de formas” que se viviu nos primeiros momentos cunha pequena parte da veciñanza.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Fernando Carrilo, de Fisterra, un dos primeiros casos da Covid-19 en Galicia / TVG

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.