A Xunta descarta pagar os custos das residencias privadas pola crise do coronavirus: "Non son nosas"

O Goberno galego sentará coas residencias intervidas para estudar "como se liquidan" os custos adicionais.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/05/2020

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou que a Administración autonómica sentará coas direccións do tres residencias da terceira idade que interveu durante a xestión da pandemia da COVID-19 para "ver como se liquidan" e quen asume os gastos adicionais derivados desta intervención.

Feijóo descartou que a Xunta vaia pagar os custos das residencias privadas: "Porque non son nosas".

Iso si, sobre os tres centros intervidos durante a xestión da pandemia da COVID-19 —o Nosa Señora de Fátima (O Barco) e os de DomusVi en Cangas e en Barreiro (Vigo)—, dixo que a Administración sentará con eles.

"Entendemos que hai custos que non son responsabilidade da Xunta, senón que eran custos que eran obrigatorios por parte das residencias privadas", dixo, aínda que recoñeceu que descoñece "o detalle" de como se computarán eses gastos.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

Gamela

As Residencias non serán nosas, pero os mortos SI son nosos !!! https://www.gciencia.com/extra/as-1... E queremos saber cantos fóron e onde morreron e por que morreron !! Non se esconden os cadáveres detrás dunha bandeira a media asta ou tras dunha declaración de Loito Oficial !


1

Gamela

Como era o conto ese do "lucro cesante" e "danos emerxentes" (?) Pois iso, agora presentarán a factura do Gran Capitán e nos xulgados cando xa ninguén se acorde da pandemia cobrarán unha pasta gansa ! O mesmo fará AUDASA (ou como se chame a propietaria da Autoestrada AP9) e tódalas Concesións Administrativas do país (XER, Aparcamentos Subterráneos, Transportes Públicos, etc. etc. etc...) Pero os ERTE seguen sen pagarse, non vaia ser que se envicien os traballadores ... https://twitter.com/00Gamela/status...


Desinfección nunha residencia de maiores por parte da Brilat.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.