Tres novos falecidos en hospitais elevan a 613 as mortes por COVID-19 en Galicia

Trátase dun home de 79 anos ingresado no CHUAC e dunha muller de 88 anos que permanecía no CHUO.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/05/2020

O número de vítimas mortais do coronavirus en Galicia elevouse a 613 tras a confirmación nas últimas horas de tres novos casos rexistrados en hospitais galegos.

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, trátase dun home de 79 anos ingresado no CHUAC da Coruña, dunha muller de 88 anos que permanecía no CHUO de Ourense e dun home de 86 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Santiago.

O número de falecementos rexistrados en atención hospitalaria en Galicia elévase así a 481.  A estas cifras hai que sumarlles as 132 persoas que morreron dentro das residencias de maiores, onde non se notificaron novas vítimas desde hai dúas semanas (en concreto desde o 7 de maio).

No entanto, hai que ter en conta que, dentro do cómputo de falecidos en atención hospitalaria, hai 139 persoas que estaban vinculadas con residencias.

Así, morreron con coronavirus en Galicia 271 persoas vinculadas con centros residenciais, o que supón o 44,3 por cento do total de falecidos con COVID na comunidade.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Urxencias do Cunqueiro / © Miguel Núñez.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.