Fracaso da caravana ultradereitista en Galicia

Apenas un milleiro de persoas secundaron a chamada do partido de extrema dereita Vox contra o Goberno central. Varios grupos de contramanifestantes responderon as caravanas ao berro de "fascistas".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/05/2020

A Coruña, Lugo, Vigo, Ourense e Pontevedra foron as cinco cidades galegas que percorreron os vehículos asistentes a 'Caravana por España e a súa liberdade', as protestas convocadas polo partidos ultradereitista Vox este sábado para esixir a "dimisión do Goberno" pola "nefasta xestión da crise sanitaria".

As fontes do partido en Galicia cifran en "centos" os vehículos que asistiron a esta protesta que saíu ás 12,00 horas de diferentes puntos das cidades galegas, así como do resto de capitais de provincia do Estado, e que percorreron o centro urbano enarborando a bandeira española e tamén franquistas. Con todo, as imaxes mostraban que non eran tantos.

Para os manifestantes, que desde os seus coches particulares apoiaron a convocatoria do partido liderado por Santiago Abascal, os "máis de 27.000 falecidos" son unha consecuencia das "neglixencias cometidas polo Goberno" de España, ao que chaman "social-comunista".

Fontes oficiais estimaron que na Coruña os protestantes fóronse sumando "de forma progresiva", en Lugo participaron uns "47 vehículos", uns 100 en Ourense, sobre 150 en Pontevedra e 114 en Vigo. En total, cifran en preto dun milleiro as persoas que se manifestaron en toda Galicia este sábado.

CONTRAMANIFESTANTES 

En marcha e ao son das bucinas, os vehículos foron percorrendo o centro urbano en cada cidade e ao seu paso atopáronse con contramanifestantes que responderon aos partidarios da caravana ao berro de "fascistas".

De feito, as mesmas fontes oficiais explicaron que se produciron algúns altercados menores. Un "reducido grupo" de persoas romperon a porta dun coche na Coruña, oito persoas foron identificadas en Lugo, levantáronse catro actas de sanción a grupos antifascistas por insultos á Policía e realizáronse 35 propostas de sanción en Pontevedra nunha contramanifestación na Praza Eugenio Fadrique.

As bandeiras republicanas e galegas confrontáronse á española nunha xornada na que os asistentes á protesta apoian a idea de que Vox "preséntase como a única alternativa posible fronte ao caos que significa este Goberno", comentou o cabeza de lista do partido pola Coruña, Ricardo Morado.

"INDIGNACIÓN FRONTE" AO GOBERNO

Por outra banda, Vox considera que a caravana contou co "apoio de españois de diferentes ideoloxías, procedentes de todos os recunchos da provincia, a quen lles une un sentimento de indignación fronte ás decisións tomadas por este Goberno".

Desta maneira, a caravana non só estaba organizada para pedir a dimisión do Goberno pola xestión da epidemia que afecta a todo o planeta, senón tamén por "pactar con Bildu a supresión íntegra dunha reforma laboral" e polo que consideran que é "a chantaxe permanente do Goberno" que "ameaza con retirar as axudas en caso de non continuar co actual estado de excepción encuberto", é dicir, o estado de alarma que se prorrogou ata o 7 xuño, grazas á maioría obtida no Congreso dos Deputados.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

16 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 8

    Maeloc

    Se nom houvera a "demonizaçom" mediática descaradísima o soberanismo na Galiza deveria o mais normal, por puro instinto de sobrevivéncia nacional...isso nom teria porque implicar deixar de ser-mos territorialmente espanhóis ao igual que noruegueses, fineses ou suecos som tudos escandinavos e nom acabou o mundo...O que me surprende é que com o torpedeio mediático ainda sobreviva umha vontade de ser nacional na Galiza...case milagreiro!!


    7

    Maeloc

    Imos ver, espanhol é quem o quere ser. A obriga de ter-mos umha cédula ou um documento de identidade nom tem nada que ver com o sentimento de pertenza ou a assunçom dumha identidade nacional. É óbvio para mim que na Península Ibérica (Hispánia) há diversidade de eixos nacionáis, desde a faixa occidental galaico-portuguesa até a oriental catalano-valenciana, umhas com mais força e outras mais febles (astur-leonesa ou navarro-aragonesa)...Mais ou certo é que a mais fortes de todos é a castelhano-andaluza, hegemónica desde o proprio estado no chamado Reino de Espanha (que exclue Portugal) e que mesmo se atribue a simple mesma o carácter fetém de espanholidade. Com essas premisas é doado entender porque outros eixos nacionáis da península com consciéncia de se-lo e instinto de sobrevivéncia rejeitem essa "espaÑÑOlidad" e procurem um caminho alternativo...se cadra o mesmo que Portugal...


    6

    De Vox

    Pues la verdad es que estuvo muy bien. La primera manifestación gallega en pleno estado de alarma es obra de Vox, un partido sin apenas sedes ni estructura en Galicia. Ambiente festivo, con gente civilizada y trabajadora que no se dedica a romper ni destrozar porque no son de izquierdas ni nazis. Todo un éxito. Enfrente cuatro colgados malolientes y muchos viandantes sanos y alegres aplaudiendo al paso de los coches. Volveremos y lo mejoraremos

    3 respostas
    1

    Por Ros: Vaia cos caetanos e os catetos. Piden liberdade nun estado que lles permite manifestarse en pleno estado de alarma. Tapades con ruìdo a falta de ideas.

    2

    Por septemtrionis: "Estuvo muy bien" el qué? Que soluciones, qué ideas, qué aporta la ultraderecha de vox que pide "libertad" (que, como se ve, la pide en una dictadura tan extraña que les ha permitido manifestarse y saltarse las medidas de seguridad en muchas ciudades como se ha podido ver) , que protestan por haber perdido elecciones dos veces seguidas y que en varias ciudades han dejado un refiero de imágenes de homofobia y desprecio a la diferencia en general, como se ve en tu comentario de pijo clasista??

    3

    Por Lara: Como sabes q son gente civilizada y trabajadora? De momento ya se están saltando una serie de normas sanitarias, q estan para impedir q se muera gente.. insolidaridad es lo primero, y después mil epítetos mas... y te contesto en castellano, por si no entiendes el gallego..q es lo q parece


    5

    nostrus

    A min o que me molesta é o xeito no que se apropian da bandeira, como si fora deles sós. Ben certo que os demais partidos teñen algo de culpa ao acomplexarse por sacala, pero como sigamos asi, vai parecer que o que saque a bandeira española é un feixista. Tamen hai que dicir que hai xente que lle chama feixista a calquera que leve a bandeira española, demostrando ser mais feixista que os de Vox. Unha cousa é a bandeira española oficial e outra a do aguilucho, que é tan fascista como a bandeira galega ca estrela vermella no seu interior que ven sendo amosada por fascistas doutro tipo.

    4 respostas
    1

    Por Rui do : Vox se apropiaría de la bandera si impidiera que los demás lo hicieran. Pero nadie impide al PSOE sacar la bandera en las manifestaciones. Es más estaríamos muy contentos si lo hicieran, como ocurre en cualquier país de nuestro entorno donde en cualquier mitin se saca la bandera nacional. Ahora bien, si otros partidos renuncian a ello, Vox no tiene porque participar del error.

    2

    Por nostrus: Rui do. Bueno, pero tampoco es necesario hacer ostentacion masiva de la bandera como si los de Vox fuesen los unicos españoles. Hay que reconocer que españoles somos todos, incluso los que se acomplejan de serlo y los que hacen daño a nuestro pais robando y matando. Ser español es una condicion que tenemos todos los españoles y el hecho de que unos sufran por tener esa condicion solo supone que sufren ellos y los demas podemos seguir disfrutando. En España la bondad supera a la maldad. Desde luego los españoles que admiran al franquismo no son de mi agrado, pero tampoco lo son los que admiran a Stalin, al Che, a Fidel Castro y otras ratas.

    3

    Por Flecha: Nostrus, deja de esconderte y jugar a la guerrilla de baja intensidad. Da la cara, con Nosotros, de una vez abandona tu miedo y sal del armario!!! La valentía es un valor supremo de todo Español. Solo Español, por encima de todo y de todos Español, Español completo, solamente con Nosotros, no medio español y medio regionalista!!! Con la derechita cobarde no vamos a recuperar Nuestra Patria. Y tu lo sabes!!! Por ello, alto y claro, los vergonzosos no son dignos de portar Nuestra Gloriosa Enseña Nacional. Con orgullo somos, Nosotros, los auténticos herederos del Nacionalsocialismo, del Falangismo con raíces Carlistas, legítimos valedores de la Raza, orgullosos del Imperio y de la Historia desde El Mio Cid, pasando por Don Pelayo y Santiago Matamoros a Nuestro Caudillo. Solo con Nosotros, Nostrus, o contra la Única, Grande, Verdadera y Realidad de España!!!

    4

    Por Flecha: Nostrus, te falta valentía, pierdes mucho tiempo y esfuerzo inútil en un combate efímero. Solo con Nosotros, con la Revolución Auténtica, inspirada por las clases nobles y acomodadas, por los hombres buenos y las mujeres honradas, por las autoridades de la Santa Iglesia y sus Mártires, estás contra los peligros que nos acechan como los sindicatos de clase, los rojos, masones, librepensadores, libertinos, comunistas y separatistas. No es el momento de cobardes!!! No disimules, con Nosotros puedes ser tu mismo, libre y auténtico, no necesitas hacerte pasar por demócrata!!! Con Nosotros, que con el brazo en alto gritamos Presentes!!! Solo con Nosotros, Nostrus, o con el enemigo!!!


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Manifestación de Vox na Coruña para pedir a dimisión do Goberno pola súa xestión durante a pandemia / M. Dylan - Europa Press.

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.