Segue baixando o número de contaxiados en residencias de maiores

Tamén se reducen nos centros de atención a persoas discapacitadas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/05/2020

O número de usuarios de residencias de maiores con coronavirus baixou nas últimas horas a 59 tras producirse 14 novas altas nos xeriátricos, mentres que os casos en traballadores pasaron de 75 a 67 nas últimas horas.

Así se desprende dos datos trasladados pola Consellería de Política Social. En concreto, recuperáronse dez usuarios da Santa Teresa Jornet (A Coruña), dúas de N.S. de Fátima (O Barco de Valdeorras), un en  N.S da Esperanza (Ourense) e outro no centro residencial  Galisénior (Ourense).

Os centros de Santa Teresa  Jornet da Coruña e  Caser A Zapateira de Culleredo seguen sendo os máis afectados, con once e oito casos activos, respectivamente.

Séguenlles na listaxe as residencia ourensenas S. José Hermanitas e Divino Mestre, con seis casos cada unha.

Doutra banda  N.S. da Esperanza e a residencia Divino Mestre. ambas as de Ourense, contan co maior número de traballadores afectados na actualidade, con 12 e 8 positivos, respectivamente.

Nos centros de atención a persoas discapacitadas de Galicia, o número de usuarios con coronavirus reduciuse a 17, e os casos positivos de traballadores pasou a 15.

A maioría de usuarios e traballadores afectados nestes centros na actualidade atópanse na  CAPD Coruña, con nove e cinco casos, respectivamente.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Ancians chegando á Residencia de Tempo Libre de Panxón / © Miguel Núñez

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.