O BNG pide que a Xunta Electoral interveña para que Feijóo non utilice "os medios públicos para a súa precampaña"

Solicita dous debates na Televisión de Galicia en hora de "máxima audiencia"

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/05/2020

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou á Xunta Electoral de Galicia "a actuar" para "evitar que Feijóo poida seguir utilizando os medios públicos para seguir facendo a súa precampaña" con "un mitin diario". Ao seu xuízo, esta intervención sería unha forma de ofrecer "garantías democráticas" ao proceso electoral que afronta Galicia o próximo 12 de xullo, unha cita para a que Pontón tamén esixiu este domingo, en declaracións aos medios, "garantías sanitarias".

Unha das preocupacións existentes nestes comicios electorais radica nas garantías da cidadanía para exercer o voto e a cobertura do voto por correo, xa que ao partido non lle ofrece "ningunha seguridade nin tranquilidade o que poida facer o PP, un experto en artimañas e malas prácticas", por advírteno que denunciarán "calquera circunstancia" que poña "en risco" este dereito.

Así mesmo, manifestou o seu interese por que se celebren dous debates electorais nos medios públicos galegos, en horario de máxima audiencia e cunha cobertura plural nos espazos informativos, de opinións e faladoiros.

Neste sentido, Ana Pontón asegurou que o contexto galego no que se celebrará a precampaña e campaña electoral está marcado por "a falta de condicións sociosanitarias e a falta de garantías democráticas".

De feito, para a nacionalista "a pandemia foi a coartada perfecta para xustificar a presenza continua de Feijóo na TVG a unha media de catro horas semanais e co desfile de conselleiros e conselleiras, cargos do PPdeG e do Estado".

Liña seguida argumentou que desde a declaración do estado de alarma, o pasado 14 de marzo, ata o comezo desta semana, o 18 de maio, "Feijóo compareceu 31 veces en directo na TVG en horario de máxima audiencia" por un total de 1.634 minutos.

Estes datos contrastan con "a duración media das noticias do BNG, que son de 30 segundos", polo que denuncia que o Bloque "necesitaría 4,5 anos para conseguir esa cota de pantalla".

CAMPAÑA PLURAL E ECUÁNIME

Por todo iso, a líder nacionalista cre que a Xunta Electoral debe "impedir o exercicio propagandístico diario do candidato do PP" na Televisión de Galicia e na Radio Galega.

"Non ten xustificación que un candidato dunha forza política use os medios públicos para transformar un espazo institucional nun mitin partidario, valorando e criticando ao resto de forzas políticas", criticou.

Esta situación vese agravada polas "limitacións e condicionantes" que causou a pandemia, polo que o "desenvolvemento da campaña necesitará paliar esta situación ofrecendo á cidadanía a posibilidade de contar con varios debates entre forzas políticas para coñecer as propostas de cada unha delas".

Así, reiterou a súa intención de reclamar como mínimo dous debates en hora de máxima audiencia na TVG e RG e "unha cobertura informativa que garanta a pluralidade e ecuanimidade".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.