A Xunta activa unha nova liña con 5 millóns para impulsar a fabricación de produtos contra o coronavirus

As axudas poderán alcanzar ata 800.000 euros por iniciativa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2020

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a nova liña de axudas dotada con 5 millóns de euros e destinada a impulsar a fabricación en Galicia de produtos que sexan de utilidade na loita contra o COVID-19 e que contribúan a incrementar a prevención tanto a nivel sanitario como en materia de seguridade e saúde laboral.

Deste xeito, a partir do mércores, día 27 de maio, as pequenas e medianas empresas poderán solicitar os apoios que ofrece para pór en marcha a produción de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico, equipos hospitalarios e médicos, entre outros bens.

Coas achegas, que poderán alcanzar ata 800.000 euros por iniciativa, os proxectos deberán ter un custo subvencionable igual ou superior a 100.000 euros. As axudas, que se concederán en réxime de concorrencia non competitiva, cubrirán o 75% dos investimentos que realicen as pequenas e medianas empresas para a fabricación de materiais.

En concreto, poderanse realizar medicamentos --incluídas vacinas-- e tratamentos contra o COVID-19, produtos intermedios, ingredientes farmacéuticos activos e materias primas necesarias para a súa elaboración; produtos sanitarios, equipos hospitalarios e médicos --incluídos respiradores, roupa e equipos de protección e ferramentas de diagnósticos--, e as materias primas necesarias; desinfectantes; e ferramentas de recollida e/ou tratamento de datos.

A Xunta detallou que o programa se activa despois de realizar unha consulta previa ao tecido produtivo precisamente para coñecer a dispoñibilidade das pemes galegas a acometer a fabricación de produtos que sirvan para previr e combater o COVID-19.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Pantallas protectoras para sanitarios galegos realizadas por makers / XdM

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.