Baixan os casos de COVID-19 entre traballadores de residencias galegas, onde seguen afectados 55 usuarios

Tamén se reducen os casos entre empregados de centros de discapacidade, tras dúas novas altas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/05/2020

Os casos de COVID-19 entre traballadores de residencias de maiores de Galicia descenderon nas últimas horas, e pasaron de 51 a 42 os afectados, segundo os datos trasladados este xoves pola Consellería de Política Social.

Así, nas últimas horas rexistrouse o alta de 5 traballadores da residencia Divino Mestre de Ourense, de 2 traballadores da residencia DomusVi Barreiro de Vigo, dun traballador da residencia da Porqueira, e dun traballador da residencia Monte Tecla da Guarda.

Con respecto aos usuarios, non houbo cambios, e mantéñense os 55 casos activos que xa había este mércores. O centro máis afectado segue sendo a residencia Santa Teresa Jornet da Coruña, con 24 casos. Séguenlle, con 4 casos cada unha, DomusVi Matogrande, Caser A Zapateira e San José Hermanitas de Ourense; o resto de centros xeriátricos afectados teñen 1 ou 2 usuarios positivos, entre eles a única residencia intervida na que aínda hai usuarios con COVID, DomusVi de Cangas, que segue con dous casos.

En canto aos traballadores de centros xeriátricos, a residencia máis afectada é A nosa Señora da Esperanza (12 casos), seguida por DomusVi Cangas, onde hai 6 traballadores afectados, e polas residencias San José Hermanitas de Ourense e Fundación San José Otero, con 4 casos.

CENTROS DE ATENCIÓN A DISCAPACIDADE

Nos centros de atención a persoas con discapacidade, mantense o mesmo número de usuarios afectados, 13. No CAPD da Coruña hai 5 usuarios afectados e en DomusVi de Bóveda hai 4 usuarios con coronavirus; o resto de centros (vivendas Aspronaga, CAPD de Redondela, residencia Monterrei e residencia Amicos) teñen un caso cada un.

Con respecto aos traballadores, recibiron o alta un empregado do CAPD da Coruña e outro do CAPD de Redondela, co que o total de casos redúcese a 6. Así, quedan dous en Santa María-San Rosendo; no resto de centros afectados (CAPD da Coruña, Amicos, DomusVi Bóveda e Monterrei) hai un caso en cada un.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Un operario con traxe de desinfeccion na residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense / Rosa Veiga - Europa Press.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.