A Xunta sube os anticipos ao sector do transporte antes das eleccións

O goberno autonómico insiste ao Goberno central que active un fondo estatal polo déficit de explotación das actuais concesións.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/05/2020

A Xunta aumentará ata 2,4 millóns de euros os anticipos ao sector do transporte para ofrecerlle liquidez ás empresas ante a crise pola COVID-19.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, reuniuse este xoves por videconferencia cos responsables das federacións de transporte de pasaxeiros por estrada.

O Goberno galego achegou entre marzo e abril un millón de euros en anticipos polos servizos de transporte interurbano, mentres que entre maio e xuño adiantará 1,4 millóns de euros máis.

En sentido, a Administración autonómica xustificou ante o Executivo central a solicitude dunha compensación de oito millóns de euros pola actividade durante o estado de alarma. O mércores achegou máis documentación a requirimento do Ministerio.

Así, a Xunta urxe a activación deste fondo estatal polo déficit de explotación das actuais concesións e garantir a sustentabilidade do sector.

MEDIDAS NO DOG

Así mesmo, abordouse a orde publicada este xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG) sobre transporte público de titularidade da Xunta, que establece a obrigación de deixar baleiro o asento contiguo ao que ocupa cada viaxeiro, agás se se trata de persoas que conviven. Se están separados por corredor non se consideran contiguos.

A fila detrás do condutor poderá ocuparse se o vehículo ten biombo que proporcione a protección necesaria. Nos vehículos con prazas de pé poderá haber só dous usuarios por metro cadrado.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Reunión de Ethel Vázquez con sector do transporte. XUNTA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.