Edmundo Bal e Beatriz Pino reuniranse este sábado coa militancia de Ciudadanos en Galicia

O evento desenvolverase a través dunha plataforma de videochamada en directo en que os afiliados poderán preguntar en tempo real.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2020



O portavoz adxunto de Ciudadanos no Congreso, Edmundo Bal, e a candidata de Cs á Presidencia da Xunta, Beatriz Pino, xunto ao eurodeputado Adrián Vázquez manterán este sábado, día 30 de maio, un encontro telemático con militantes de Galicia.

Diso informou a formación laranxa nun comunicado, no que explica que Bal, Pino e Vázquez compartirán un intre con afiliados galegos para charlar, responder dúbidas e analizar a actualidade política.

Ademais, este 'Café Telemático' será o primeiro encontro de Beatriz Pino con afiliados xa como candidata de Cs á presidencia da Xunta, o que o partido ve como "unha oportunidade para falar dos comicios do próximo 12 de xuño en Galicia e do proxecto que presentará nestas CCAA".

O evento desenvolverase a través dunha plataforma de videollamada en directo na que os afiliados poderán preguntar en tempo real. Desta forma, Bal, Pino e Vázquez responderán calquera cuestión ou inquietude e recollerán ideas dos militantes do partido.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Beatriz Pino/CIUDADANOS GALICIA

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.