Emigrantes seguen criticando a improvisación da Xunta no 12X: "o proceso de voto é un fracaso"

Destacan que o Goberno galego ten que garantir a "plena seguridade sanitaria" dos emigrantes e se non poden votar, tamén se está vulnerando a disposición do Estatuto da Cidadanía Española no Exterior.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/05/2020

Os emigrantes seguen denunciando carencias para poder votar en condicións o vindeiro 12 de xullo por mor da crise do coronavirus, especialmente, aqueles que están en zonas aínda moi afectadas de America, como Brasil ou México.

Felipe Pousada Prado, Presidente del Fórum Empresarial Hispano-Brasileño do Estado de São Paulo (FEHB-SP) e administrador provisional da Asociación de Empresarios Galegos de São Paulo ( AEGASP) foi uns dos que denunciou estes problemas para poder votar. Preguntando ao respecto, o presidente galego dixo que iso non era unha competencia del ou da Xunta, senón de Correos.

“Correos non é unha competencia da Xunta, máis garantir a plena seguridade sanitaria dos galegos da emigración, si”, respondeulle Pousada Prado nas súas redes sociais. “Isto revela que o sistema de voto para emigración é un fracaso", engade. “Ti podes facer a solicitude do voto, rogandoo dentro da túa casa, amtravés dunha clave telemática que che envían dende a Oficina do Censo Electoral, máis non se pode, coa mesma clave telemática, exercer con o teu dereito de voto, electrónicamente, con toda a seguridade informática e garantindo o sixilo do voto”, engade.

"COMO SE VAI A GARANTIR O VOTO?"

Así, destaca que os votos do Brasil corren o risco de non chegaren a Galicia, pois hai que repetir o voto a través dos Correos Brasileiros ata o Consulado Xeral de España, máis preto do sitio de residencia do emigrante, para ser remitido a España, por maleta diplomática. Brasil prohibiu a entrada de estranxeiros por máis trinta días, e non hai voos directos entre Brasil y España. “¿Como se van remitir os votos ós Consulados, se están pechados ou coas actividades reducidas e despois encamiñarlos para Galicia, se non hai voos regulares?”, indica Pousada Prado.

De feito, a imposibilidade de exercer o voto vulnera unha vez máis a disposición do Estatuto da Cidadanía Española no Exterior, Lei 40/2006, no seu artigo 4.5, que di que o Estado "debe promover as medidas legais e se habilitaran os medios materiais, técnicos e humanos, a través doutro medio técnico" para o pleno exercicio do voto.  “Non se fixo nada disto. É máis un descumprimento que vulnera frontalmente a Cidadanía Galega no Exterior. E que non me veña o Presidente da Xunta dicir que tamén que isto non é unha competencia da Xunta", aclaraba.

A XUNTA ANUNCIA PROTOCOLOS

Pouco despois destas críticas, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentaba un protocolo para as eleccións do 12 de xullo no que recolle unha serie de propostas que non ten competencias para implementar, pero que, segundo os seus expertos, favorecerían un proceso máis seguro, como facilitar e ampliar o voto por correo e mediante fedatario, ou que se poidan "conservar" os trámites daqueles emigrantes que deran os pasos precisos para exercer o seu dereito nos comicios previstos para o 5 de abril e suspendidos polo coronavirus.

Tamén indicaba que se facilitaría o voto emigrante e que "todos os trámites" que os emigrantes realizaran para a convocatoria do 5 de abril "se poidan conservar". En concreto, preténdese que as solicitudes xa formuladas para as eleccións do 5 de abril se estendan como válidas e que se manteñan as claves de tramitación telemática para os que non chegasen a cursar esta petición.

Con todo, e a pesar de anunciar este protocolo, os emigrantes seguen denunciando as dificultades para exercer o seu dereito ao voto. “Llamé a la oficina del censo electoral y hay que hacer todo el papeleo otra vez. Y solicitarlo antes del día 13. Y como vivo en el extranjero ya me puedo dar prisa”, denunciou Cristina nunha mensaxe a través das redes sociais.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Papeletas electorais para a votación nas eleccións xerais / teinteresa.com

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.