Feijóo critica a Álvarez de Toledo: "Sería un erro que a oposición perda os papeis"

"Xa abonda deste tipo de espectáculos parlamentarios que estamos a ver no Congreso", reclama o barón popular galego.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/05/2020

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advertiu, tras a polémica suscitada ao chamar "terrorista" a portavoz parlamentaria do PP, Cayetana Álvarez de Toledo, ao pai do vicepresidente Pablo Iglesias, que sería "un grave erro" que a oposición caese "nas provocacións" do Goberno e "tamén perdese os papeis".

Tras a reunión semanal do seu Goberno, preguntado acerca de se apoia as palabras de Álvarez de Toledo, o tamén líder do PP galego referiuse a os 30.000 falecidos pola pandemia do coronavirus, así como aos "millóns de españois" que agora están preocupados polo seu futuro.

Nesta conxuntura, o barón popular defendeu que deben cesar este tipo de "espectáculos" na Cámara baixa. "Xa abonda deste tipo de espectáculos parlamentarios que, en pleno ou en comisión, estamos a ver no Congreso", esixiu. "Os gobernos o que deben facer é gobernar e tratar de aproximar posturas coa oposición", advertiu Feijóo, convencido de que un Goberno "non pode buscar enfrontamentos" cos seus rivais políticos, como, ao seu modo de ver, si está a facer o Executivo estatal.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A portavoz do Partido Popular no Congreso dos Deputados, Cayetana Álvarez de Toledo, atende aos medios de comunicación tras a reunión da Xunta de Portavoces do Congreso dos Deputados, en Madrid (España) a 4 de febreiro de 2020.. Marta Fernández Xara - Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.