Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/05/2020
En Marea, Compromiso por Galicia e o Partido Galeguista pecharon a súa coalición, á que tamén se suman mareas municipalistas, e presentarán este sábado publicamente esta alianza, que eleva a catro as coalicións que concorrerán, polo menos, nas eleccións do próximo 12 de xullo en Galicia.
O prazo para a presentación de coalicións remata este venres 29 de maio co panorama máis despexado que para o 5 de abril horas antes da medianoite.
Así, rexistráronse como coalicións Galicia en Común-Anova Mareas; Espazo Común xunto a Recortes Cero e Os Verdes; e Unidos polo futuro!, xunto á mencionada plataforma galeguista.
En Marea, Compromiso por Galicia e o Partido Galeguista negociaron na última semana unha coalición. En Marea decidiu non presentarse ás eleccións do pasado 5 de abril, pero nesta ocasión, pesaron máis as voces que quedan na formación e que apostan por concorrer cunha nova alternativa.
Compromiso por Galicia si que presentara candidaturas nas catro provincias, aínda que tamén asinara unha coalición nas pasadas eleccións (Nós Galeguistas) xunto a Vía Nova Galicia, segundo figura na xunta electoral.
A cuarta coalición chámase Unidos polo futuro!, e é a alianza de Unidos pola Solidariedade Internacional, Democracia Efectiva e Unión Demócrata do Pobo, cuxo presidente, José Carlos Seoane Osorno ratificou que volverán concorrer ás próximas eleccións do 12 de xullo. Defenden un proxecto "federal solidario" e confederal "ibérico", con Portugal; así como a democracia directa.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Parece que segue a haber xentes que prefiren que o Partido Popular e Núñez Feijóo siga vendendo Galiza ao mellor postor. E xúntanse nunha especie de ensalada á que pretenden chamar Marea Galega na que hai Pachivázqueces, Compromiso-non-se-sabe-con-quen, unha cousa que se chama "Unidos por el futuro" e catro máis sen futuro coa cabeza ANOVAda. En fin augúrolle grandes espazos en lugar preferente en La Voz de Galicia e no Faro de Vigo. Se é o que buscan, nos papeis van saír. E aos demócratas galegos van foder.
O enésimo intento dun centro-dereita nacionalista vai servir para apuntalar unha nova vitoria da dereita españolista. Parabéns lumbreras.
Vaia historia cómica....por non chorar. Catro ducias de mareantes que van sair do Parlamento a cañonazos, uns que nin teñen vida politica, nin nada....xa por respecto ao Partido Galeguista (1931-1939) e aos que foron fusilados deberian non andar paseando mortos...mais é tanto o "eu,eu,eu" que é un retrato da peor Galicia.Os compromiso xa nin se ven....cada catro meses andan a hostias e esta semana xa sangraron o pouco que lle quedaba ao artefacto que navegaba hai tempo sen nengunha credibilidade. Entre toda a gambada 15.000 votos que lle fusilan un deputado a Anova ou ao BNG. País de mediocres
Por A torre de marfil: Os votos non son de Anova ou do Bng. A ver se damos aprendido.
O deputado do Grupo Mixto e membro de En Marea Pancho Casal.