Por X.M. Fernández | BARCELONA | 15/06/2020
Como cada ano, a entidade cultural galega Rosalía de Castro de Cornellá tiña previsto para estas datas a festa galega de Can Mercader, coincidindo co Corpus e Festa Maior de Cornellá.
Ademais, este ano a entidade celebraba o 40 aniversario e tiñan preparado un programa moi ambicioso, con 2 orquestras, un grupo de rock, 2 de música Folk e unha banda de gaitas; todos viñan de Galicia. Como actividade complementaria o pasado dia 10 de xuño tiñan previsto inaugurar a Exposición “As portas de Lugo” -no Castelo de Cornellá- e tívose que suspender todo, como tamén suspenderon a Festa Maior de Cornellá.
Para poder ter algo de presenza nas rúas realizáronse actos a nivel municipal e tívose a idea de poñer a disposición da asociación un camión con espazo superior pensado para desfiles. Limitando o aforo a cinco músicos, aproveitaron esta fin de semana para facer un pasarrúas pola cidade deste xeito tan orixinal. E onte sábado, como xa é costume por estas datas, fixeron -con aforo reducido- a tradicional ofrenda a Rosalía no parque Can Mercader, lugar onde hai un busto no honra á escritora galega que lle dá nome á entidade.
Esta mesma entidade deu a coñecer días atrás as bases para o XXXIV Certame de poesía en lingua galega “Rosalía de Castro”, un prestixioso concurso de creación poética que transcende fronteiras. O prazo para o envío de obras remata o día 20 de outubro de 2020.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Vista dos rapaces subidos no camión. Foto: Manoli
Os cinco músicos que fieron a alborada motorizada. Foto: Manoli
Ofrenda floral a Rosalía de Castro (2019). Foto: A. Díaz