Reaccións 12X: Bugallo destaca o aumento do electorado "utilitario" que vota máis a candidatos que a partidos

Di que o electorado pode votar por Feijóo, Martiño Noriega, el ou Ana Pontón en función dos comicios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, instou este luns a "aprender" dos resultados electorais deste domingo e destacou o aumento do electorado "utilitario", que "axusta e concreta o seu voto en cada convocatoria", dependendo dos candidatos, as propostas ou as circunstancias, dixo.

A preguntas dos medios, o rexedor compostelán subliñou que, "claramente", os galegos "votaron de forma maioritaria por que Alberto Núñez Feijóo siga sendo presidente da Xunta" e por que Ana Pontón "lidere a oposición". "Os dous teñen unha gran responsabilidade", aventurou.

Do mesmo xeito, á vista dos resultados, para Sánchez Bugallo "confírmase un fenómeno que en Santiago se coñece ben, porque leva pasando décadas, pero que adquire máis dimensión". O rexedor chamouno o "voto utilitario", en que o cidadán decide a súa opción "en función de cada convocatoria electoral, dos candidatos, das propostas ou das circunstancias", un "voto que pode variar".

Isto, que "nun principio era un 10, 15 ou 20% do electorado, nestas eleccións, en Santiago, superou amplamente o 30%", dixo Sánchez Bugallo, que instou a "tomar boa nota" de algo que "vai ir crecendo no futuro". "Ninguén debe dar nada por suposto", engadiu.

"É un electorado que en cada convocatoria axusta e concreta o seu voto. Que nun momento determinado vota a Martiño Noriega para ser alcalde e a Ana Pontón para a oposición, ou a Bugallo para ser alcalde e a Feijóo para ser presidente da Xunta", dixo.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa telemática.. CONCELLO DE SANTIAGO

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.