A Xunta asegura que o turismo está "a resistir dun modo relativamente positivo" a pesar da caída das cifras

Román Rodríguez recoñece que os datos de ocupación non son os que "gustarían".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020

O conselleiro de Turismo en funcións, Román Rodríguez, asegurou que o sector turístico galego "está a resistir dun modo relativamente positivo", a pesar de que non hai os datos que "gustarían" neste verán. Este mércores, Román Rodríguez realizou unha visita a un hotel en Poio (Pontevedra), onde se mostrou confiado en que "se a tendencia mantense" o sector turístico galego poderá saír "máis ou menos airoso" desta tempada.

Nesta visita tamén estivo o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, quen valorou que "as cifras do mes de xullo foron boas, relativamente" ,aínda que recoñece que "o sector empresarial quería máis, pensando no que podía ser e non foi". Pardal indicou que nestes momentos cando se abren os establecementos "xa é un éxito", nun contexto marcado pola "volatilidade" que sofren as reservas coa epidemia do coronavirus, xa que "no momento no que se desata un caso as anulacións son continuas".

A estimación para o mes de agosto móvese nunha pinza entre o 60% e un 65% de ocupación, segundo os datos que manexa o Clúster de Turismo de Galicia. "O que está ben, para o momento que estamos a vivir", comentou Pardal. "Estamos a resistir fronte a outras comunidades", engadiu. "Este ano tratamos de salvar a campaña e que os gastos sexan iguais aos ingresos", ese é o obxectivo para este exercicio segundo o presidente do Clúster do Turismo de Galicia.

SEN TURISTAS ESTRANXEIROS

O conselleiro de Turismo, Román Rodríguez, comentou que está a ser "moi baixa, case nula" a presenza de turistas estranxeiros e percíbese que "nas zonas de costa e rurais de interior hai uns niveis de ocupación aceptables", mentres que "nas zonas urbanas a ocupación e a demanda turística é máis baixa". Román Rodríguez espera que durante a tempada baixa, a partir do mes de setembro, "se manteña un nivel de demanda mínimo que permita salvar as estruturas empresariais e salvar tamén o emprego".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Realpolitik

Vender coma éxito un turismo monotematicamente aboado e fomentado cara ó Xacobeo, un turismo de bocadillo e cocacola con baixo valor engadido e que fica espido ante unha pandemia. É o que ten apostar todo a unha carta. Xa podiamos copiar o modelo irlandés, escocés ou bretón e non modelos da costa mediterránea...

1 resposta
1

Por Sentidiño: ...nin o modelo de a exaltación da irracionalidade de Fátima, Lourdes, Vaticano, ou Terra Santa.


Visita de Román Rodríguez a un hotel de Poio. XUNTA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.