O novo libro de Manuel Rivas, 'Zona a defender', chega ás librarías este xoves

O escritor fai unha chamada de alerta para que o planeta enteiro sexa unha zona a defender.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/11/2020

O novo libro do escritor galego Manuel Rivas, 'Zona a defender', chega este xoves --5 de novembro-- ás librarías editado por Xerais. A expresión 'zona a defender' popularizouse coa loita ecolóxica en Francia. Así, Rivas fai unha chamada de alerta a través do seu libro para que o planeta enteiro sexa unha zona a defender. Para iso, recorre a unha escritura poética, o pensamento crítico e o humor.

Tras a denuncia que supuxo 'Contra todo isto', Rivas escribe agora sobre o que denomina a era Mayday, de perigo "grave e inminente", para explorar aquilo que defende: unha internacional de conciencias, unha república de iguais, un novo contrato coa natureza, unha austeridade fértil cunha nova abundancia creativa.

O libro tamén se centra na importancia dun femininismo que "emancipe a mulleres e homes", á vez que avoga por "descolonizar a imaxinación e sabotear con ironía todo dogmatismo".

De tal forma, o libro trata de "pensar o impensable", así como de "prohibir toda posesión de armas, cunha excepción: a risa", explica a editorial Xerais sobre a obra do autor.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Libro de Manuel Rivas, 'Zona a defender'. XERAIS / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.