Repesca para os galegos de 30 a 39 anos aínda non vacinados contra a covid-19 e máis autocitas para os de 16 a 19

Feijóo lamenta que as vacinas dispoñibles esta semana "son poucas" e supoñen "a metade" da pasada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/07/2021

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) abrirá a próxima semana a repesca para vacinar a persoas de 30 a 39 anos contra a Covid-19 que non a recibiron e previsiblemente facilitará máis autocitas para mozas de 16 a 19 anos.

Así o avanzou este xoves o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que destacou que a próxima semana ampliarase a repesca, na actualidade habilitada para maiores de 40 anos, ás persoas de máis de 30 sen vacinar.

O mandatario galego destacou que na actualidade rexístrase un incremento de casos de Covid-19 entre os mozos de 16 a 26 anos, en especial entre os de 16 e os 20-21 anos. Por iso, subliñou que Galicia abrirá previsiblemente máis autocitas para o grupo de 16 a 19 anos. Segundo as previsións, a próxima semana vacinarán a 17.000 mozos.

Deste xeito, Feijóo, ademais de insistir na extensión da repesca para vacinarse ao grupo de 30 a 39 anos, puntualizou que a semana que vén tomarán "algunha decisión" para ampliar citas a mozos de 16 a 20 anos "en función de como vaia o éxito da repesca de maiores de 30" e "en función da porcentaxe de primeira dose inoculada a menores de 30", matizou.

"Seguiremos vacinado de 29 a 20 con carácter xeral e daremos algunha cita extraordinaria a próxima semana probablemente para menores de 19 a 16 que implementaremos a semana seguinte dese mes", abundou o presidente galego.

"NON PINTA BEN"

Con todo, Feijóo volveu a lamentar que as vacinas das que dispón Galicia nesta semana "son poucas". "A metade das que tiñamos a anterior semana de xullo", apostilou.

Por iso, dixo que "a ver se mañá" na reunión da Conferencia de presidentes lles dan " algunha información de vacinas para agosto", pero, advertiu, "o tema non pinta ben".

"Nós levamos propostas como a capacidade de vacinar con Janssen porque se está aplicando un protocolo en España moito mais rigoroso do que establece o propio laboratorio e aínda que sexan 1.000-2.000 ou 3.000, son esas persoas que quedarían inmunizadas", concluíu.

EQUILIBRIO

En relación á incidencia da Covid-19 nos mozos, Feijóo resaltou que non se pode "vivir coma se non houbese pandemia nin coma se non houbese vacinas", polo que avogou por "buscar o equilibrio entre medidas sanitarias e económicas".

"Os mozos contáxianse máis porque non temos vacinas para eles. E contáxianse máis que o pasado verán porque ven aos seus avós e pais, irmáns maiores vacinados e psicoloxicamente entenden que o risco diminuíu", manifestou.

Ademais, incidiu en que "a variante delta é moito máis contaxiosa que o virus tradicional" xa que, matiza, "contáxiase en cuestión de segundos, cousa que antes non sucedía".

O presidente galego admitiu que "probablemente ao finalizar as clases as autoridades" non tiveron " a dilixencia para informar de que as viaxes de fin de curso e as festas, interacción social, debería ser moito máis limitada se cabe que o curso anterior que esta variante". "O cóctel de toda esta situación supón un aumento masivo de contaxio en mozos", abundou.

Por iso, insistiu na vacinación e en apelar a que, en especial, os mozos acudan aos cribados. Chamou a "a prudencia" e a que a hostalaría en Galicia "esixa concellos con risco alto a certificado vacinación".

FORMACIÓN E INFORMACIÓN

"Non fixemos a formación e información pública debida, a variante delta é supercontaxiosa e xa supera o 50% dos novos casos de covid que se diagnostican", recalcou, para insistir en que ese "cóctel produce contaxios masivos en mozos".

Con todo, aínda que admitiu que lle "preocupa" o contaxio en mozos, afirmou que a hospitalización "está controlada". "Estamos nunha das mellores situacións desde que empezou a pandemia", concluíu en relación ao momento de vista de presión asistencial.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Unha profesional sanitaria sostén un viario coa vacina de Janssen contra a Covid-19 / Eduardo Sanz - Europa Press.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.