O Goberno descarta pedir o certificado covid para entrar a bares para non "estigmatizar" aos mozos

Di que a prioridade é a vacinación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2021

A ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, descartou polo momento estudar unha fórmula para que sexa necesario dispor do Certificado Covid-19 para poder acceder a algúns lugares como bares ou restaurantes, tal e como están a expor algunhas Comunidades Autónomas, porque, segundo dixo, estaríase "estigmatizando" á poboación nova que non está aínda vacinada.

Na rolda de prensa posterior á reunión da Conferencia de Presidentes, Rodríguez insistiu en que a "prioridade" do Goberno é a vacinación e avanzar en que a poboación máis nova consiga a pauta completa. Por iso, puxo en valor a compra adicional das vacinas de Pfizer, que anunciou o xefe do Executivo, Pedro Sánchez, para poder adiantar esa inmunidade de grupo.

"A posición do Goberno é evitar o estigma naquelas persoas que non estean vacinadas, que se impedise o libre desenvolvemento de persoas que non tiveron a oportunidade de vacinarse. Estariamos estigmatizando á poboación máis nova", resaltou.

CELEBRA A "XORNADA POSITIVA"

Rodríguez opinou que foi unha xornada "moi positiva", cun debate "enriquecedor" e un bo clima de colaboración que transitou en todo distentido por parte de todos os presidentes autonómicos.

Unha xornada que terminou "cun aplauso unánime e sincero" onde todos recoñeceron como conclusión o resultado do traballo deste ano, que sitúa a España nunha posición "moi distinta" que hai un ano, con datos como o crecemento do PIB ou o aumento da afiliación á Seguridade Social.

Dun ano a esta parte, lembrou, non existía a vacina e había dúbidas sobre a súa data de saída, mentres que o escenario actual coloca a España á cabeza no ritmo de administración de vacinas.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Restaurante de Ferrol precintado pola Policía Local por incumprimentos da normativa sanitaria.. CONCELLO

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.