Gonzalo Caballero acusa á Xunta de estar "de vacacións": "eu estarei todo agosto en activo"

"Necesitamos un goberno que empece a gobernar", subliñou.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2021

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Cabballero, dixo este sábado que el estará "todo o mes de agosto en activo" e reclamou ao Executivo de Alberto Núñez Feijóo que "se poña a gobernar" e que "non siga de vacacións", ante os retos que impón a quinta onda de coronavirus.

Nunha comparecencia conxunta co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o secretario xeral do PSdeG estableceu no ritmo de vacinación e na reactivación económica os dous grandes asuntos que esixen "manter as administracións con total funcionamento" aínda en período estival.

"Necesitamos un goberno que empece a gobernar. Non pode seguir de vacacións", alertou ao sinalar que os riscos da quinta onda de coronavirus esixen "profundar nun maior control na desescalada", á vez que se pon "en mans dos sectores afectados máis recursos" para impulsar a reactivación económica.

Caballero aludiu a "decisións importantes" do Goberno central con incidencia en Galicia, como a implantación da rebaixa das peaxes na AP-9 que entrou en vigor o pasado xoves, os 25 millóns para rehabilitación do patrimonio ou os 32 millóns de euros que recibirá a comarca ourensá da Limia para a limpeza de canles e mellora dos regadíos.

DENUNCIA DOS MÉDICOS

Así mesmo, referiuse á denuncia por vía penal que o Colexio de Médicos de Pontevedra interpuxo contra os dirixentes das dúas áreas sanitarias desta provincia para que se depuren responsabilidades pola "saturación" asistencial.

Por iso, reclamou o reforzo da Atención Primaria para reducir os "15 días de espera" para unha cita, así como manter os profesores de reforzo. "Se queremos reactivar Galicia, hai que cumprir coas competencias", dixo ao subliñar que a comunidade percibirá "máis fondos que nunca".
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

Activo en agosto... cando pechan todas as Administracións ! E o resto do ano de vacacións ?


Gonzalo Caballero e Xosé Sánchez Bugallo nunha comparecencia conjuta este sábado en Santiago de Compostela / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.