TSXG obriga a Xunta a dar "suficientes" máscaras FFP2 a persoal de escolas infantís e centros de día

Decreta que o persoal destes centros dependentes do Consorcio deben recibir "formación e información" sobre o seu uso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2021

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou parcialmente unha demanda interposta pola CIG contra o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e Cualtis e recoñeceu o dereito de traballadores de escolas infantís así como dos centros de día dependentes deste ente "a dispor, nos seus equipos de protección individual, de suficientes máscaras FFP2" para protexerse fronte á covid-19 e "tendo en conta os requirimentos" efectuados por Inspección de Traballo (ITSS).

O fallo xudicial tamén recoñece o dereito deste persoal a "recibir información e formación adecuada" sobre os supostos nos que sexa preciso o uso das máscaras FFP2, tendo tamén en conta os requirimentos efectuados pola ITSS. E neste sentido, condena ás partes demandadas a modificar a avaliación de riscos dos postos de traballo das gardarías e centros de día para introducir, como EPI de protección das vías respiratorias, as máscaras FFP2.

Tamén a fornecer o persoal dos centros en cuestión máscaras FFP2 nos EPI individuais para a protección das vías respiratorias e a "informar e formar o persoal sobre os supostos nos que han de ser usadas as máscaras FFP2. Todo iso, tendo en conta os requirimentos efectuados pola ITSS. A CIG informou do fallo xudicial, que celebrou, á vez que destacou que leva ano e medio despois do inicio da pandemia, e despois de "numerosas denuncias públicas".

ANÁLISE NA XUNTA

Pola súa banda, fontes da Consellería de Política Social defenderon que os seus centros traballan de acordo aos protocolos establecidos. En todo caso, o servizo de Prevención analizará a cuestión, tendo en conta que, ademais, no caso das escolas infantís está pendente de revisarse por parte do comité clínico os protocolos para o próximo curso.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Dous docentes imparten clases a varios alumnos nunha Escola Infantil o día da súa reapertura tras o parón polo coronavirus. Marta Fernández Xara - Europa Press - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.