Critican as axudas á conciliación da Xunta por "bonificar exclusivamente os homes"

PETRA Maternidades Feministas pide que se corrixan para chegar, así, "a todas as persoas traballadoras con crianzas" de Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2021

A asociación PETRA Maternidades Feministas vén de presentar un recurso potestativo de reposición contra a resolución da Secretaría Xeral de Igualdade pola que se establecen as bases que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral. Estas poderán solicitarse por parte dos traballadores que se acollen á redución da xornada de traballo como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade. Se ben a asociación considera estas axudas "acertadas", critica que "tal e como están formuladas ata agora, resultan discriminatorias por bonificar exclusivamente os homes". 
 
Por este motivo, xa comunicaran o pasado 14 de xullo, e mediante escrito ao Parlamento de Galicia, o seu desacordo coas bases de ditas axudas e a súa petición para modificalas e chegar, así, "a todas as persoas traballadoras con crianzas" de Galicia. "Resultarían igual de discriminatorias incluso no caso no que homes e mulleres se atoparan en iguais situacións laborais e salariais, pero sabemos que as mulleres soportan peores condicións de traballo, máis temporalidade e máis contratación a tempo parcial", proseguen no comunicado. Detectan "enormes necesidades das mulleres nais" e indican que "non podemos permitir que queden excluídas das axudas públicas á conciliación".
 
Deste xeito, explican que "como asociación que representa os intereses das nais, asumimos a nosa obriga de denunciar situacións de discriminación nas que aparentemente se implementa unha acción positiva, e porén na súa proxección incrementan a discriminación que pretenden solucionar". Tras 15 anos implementando esta medida por parte da Xunta de Galicia, PETRA Maternidades Feministas considera que "é o momento de revisar as condicións en que as administracións incentivan a corresponsabilidade e a conciliación". Polo de agora, indican, son medidas "parche" que resultan "insuficientes". "Precisamos un modelo integral de coidados e crianza", sentenzan. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
2

Gheiteiro do Benegué

Buah pero oíste moza que discriminación te es que axuden sexa como sexa, porque los del Benegué te estamos muy apoderadas dando claseciñas del galego o sentando el cú de administrativas, pero lo de currar iso deixamolo para os nosos homes.

1 resposta
1

Por Amancio: Con certeza, as do BNG traballan de administrativas e sentando o cu. Non como Rafael Louzán, Ana de Bande, Carlos Negreira, Corina Porro e Alberto Nuñez Feijoo que nunca do diñeiro público viviron, nunca moqueta pisaron e se erguen todos os días ás 6 para abriren o negocio, iren ao choio ou muxiren as vacas.


1

Manu2

E concretamente... por que favorecen aos homes?

1 resposta
1

Por Rosalía...tra...tra...: Pues muy sencillo. Porque se elimina la discriminacion positiva hacia las mujeres, y a partir de ahora se tratará a todos (hombres y mujeres) por igual. Se ve que algunas personas siguen queriendo que se discrimine a algun colectivo, siempre que sea para beneficio propio, digo yo....


Confluencia do tres 'treboadas' feministras na Avenida de Lugo compostelas o 8M de 2021

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.