O 88,3% da poboación galega ten xa pauta completa

O Sergas puxo outras 21.200 doses contra a Covid en Galicia este domingo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2022

O proceso de vacinación contra a Covid-19 continúa en Galicia coa administración doutras 21.200 doses, das cales unhas 480 foron para completar pautas, o que eleva ao 88,3 por cento a poboación de Galicia co proceso finalizado.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este luns no 'Cronómetro de Vacinación' con datos de ata as 18,00 horas deste domingo, recollidos por Europa Press, ascenden a 6.291.596 as doses administradas ata o momento, despois de ser postas 21.250 a xornada pasada.

Desas 21.250, un total de 487 foron para completar pautas, polo que ascenden a 2.384.277 as persoas de Galicia con pauta completa, que constitúen un 88,3 por cento do conxunto dos seus cidadáns.

POBOACIÓN INFANTIL

En canto á vacinación infantil --os datos de Sanidade non separan o grupo etario da poboación pediátrica en proceso de inmunización de 5 a 11 anos--, foron vacinados ata o momento 115.008 menores de 10 a 14 anos, que supoñen tres máis que os rexistrados ata o día anterior; e 83.576 de 5 a 9 anos, cinco máis.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Varios nenos acoden a recibir a vacina contra o Covid-19, na Cidade da Cultura, a 15 de decembro de 2021, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España).. Álvaro Ballesteros - Europa Press / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.