Os galegos gastaron de media nas compras de Nadal 438 euros, un 5% menos que o ano anterior

Na enquisa do Observatorio Cetelem, seis de cada dez persoas recoñeceron que gastaron menos debido á Covid- 19.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2022

O gasto medio realizado polos galegos nas compras do pasado Nadal foi de 438 euros, o que supón un 5% menos que o investido o ano anterior e un 7% dos niveis pre-Covid de 2019, segundo o Observatorio Cetelem.

Realizado a partir dunha enquisa en liña entre un milleiro de maiores de 18 anos de idade, o Observatorio Cetelem conclúe que a porcentaxe de galegos que gastaron máis que o ano anterior nas compras de nadal de 2021 (26%) experimentou un incremento de 14 puntos porcentuais respecto de 2020 (12%), situándose por encima das porcentaxes de 2019 (23%).

Por outra banda, o 40% declarou realizar o mesmo gasto que no nadal anterior, o que supón un aumento de 17 puntos porcentuais, e outro 34% de galegos investiu menos diñeiro que en 2020 (que foi dun 65%).

Seis de cada dez enquisados recoñeceron que gastaron menos eses días debido á Covid- 19. No entanto, este dato vese reducido en 36 puntos porcentuais con respecto ao que manifestaron en 2020 (93%). Os produtos máis comprados o pasado nadal foron moda (42%), libros (36%) e calzado (33%).

Cetelem é especialista en crédito ao consumo, préstamos persoais e xestión de cartóns. Opera en España desde 1988, onde conta actualmente con máis de 1.500 empregados e 3,5 millóns de clientes.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Viandantes tras realizar compras de Nadal. David Zorrakino - Europa Press / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.