(Vídeo) Este é o avance do novo tema das Tanxugueiras xunto co rapeiro Rayden

O tema, que se acompaña dun cinematográfico videoclip, formará parte do novo disco das pandeireteiras, que se publicará neste 2022

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/01/2022

Tanxugueiras publicará Averno, o seu novo sinxelo, o venres 28 de xaneiro. O tema, que formará parte do seu novo disco, é a primeira colaboración que Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro gravan co rapeiro madrileño Rayden, con quen participan esta semana na primeira edición do Benidorm Fest. 
 
Averno nace como unha declaración de intencións respecto a un sentimento común: a raiba. A expresión e liberación da mesma é o eixe que vertebra unha canción na que, como é habitual no repertorio das Tanxugueiras, parte da tradición para outorgar ás sonoridades urbanas un especial protagonismo; ademais de conxugar lírica de creación propia e popular
 
PUBLICARASE O 28 DE XANEIRO
 
O tema, editado por PlayPlan Cultural e Calaverita Records, publicarase na medianoite do venres 28 nas principais plataformas dixitais acompañado dun videoclip dirixido por Trece Amarillo, e que supón a creación audiovisual máis cinematográfica das presentadas até o momento polas cantareiras. O vídeo, cuxo teaser amosou o grupo nesta xornada a través das redes sociais, estrearase logo da finalización da segunda semifinal do Benidorm Fest.   
 
Precisamente Tanxugueiras e Rayden atópanse esta semana na localidade alicantina para participar na primeira edición do certame organizado por RTVE, no que a banda ou artista gañadora participará no mes de maio en Eurovisión. Mentres que as pandeireteiras presentarán ao vivo Terra na noite do mércores 26 (22.40 horas, Palau d’Esports L’Illa de Benidorm), o madrileño actuará na segunda semifinal o xoves 27. A final terá lugar no mesmo recinto o sábado 29 de xaneiro.   
 
Coa intención de espallar o apoio a Tanxugueiras e dar a coñecer a súa candidatura, PlayPlan Cultural e Calaverita penduraron este luns 24 unha grande faixa no centro de Madrid, na rúa Alcalá, coa foto das pandeireteiras. A faixa fai unha chiscadela ao público de fóra de Galicia sobre a correcta pronunciación do seu nome (Tanchungueiras?) á vez que destaca a frase Non hai fronteiras, unha das máis coñecidas do seu single Terra.  

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



As Tanxugueiras co rapeiro Rayden / remitida

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.