Luís Álvarez estréase como voceiro parlamentario do PSdeG nun careo con Núñez Feijóo

O enfrontamento plenario versou sobre os fondos europeos pero o Goberno Central foi, sobre todo, unha figura omnipresente no tirapuxa entre líderes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2022

O novo portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, adquiriu protagonismo na súa primeira sesión de control ao presidente galego, tras a saída de Gonzalo Caballero do cargo, e escolleu para o careo con Alberto Núñez Feijóo un tema de máxima actualidade, os fondos europeos. Así, reivindicou a xestión por parte do Goberno central e puxo en dúbida a capacidade da Xunta de usalos "eficazmente".

Tras un recibimento do xefe do Lexislativo, Miguel Santalices, que deu a benvida á nova directiva do Grupo Socialista na Cámara tras tomar Valentín González Formoso as rendas do partido, e tamén agradeceu o traballo feito por Caballero e o seu equipo, Álvarez tomou a palabra nunha intervención inicial na que algún titubeo na voz deixou traslucir os nervios da estrea.

Así, afeou a "estratexia" do PP de cuestionar a xestión dos fondos europeos e advertiu de que quedou "desmontada" por Bruxelas. "Non ten necesidade de facer seguidismo dun PP cada vez máis radicalizado", esgrimiu o portavoz socialista. Ao tempo, puxo o foco na xestión da Xunta, xa que, segundo remarcou, Galicia foi "a sexta comunidade que máis fondos europeos recibiu e executou menos da metade dos fondos para emprego en 2020". Así, puxo en cuestión a "capacidade" de de o Executivo galego, ao que esixiu "garantías" de que van empregar os fondos europeos "de forma obxectiva, transparente e con estrito control parlamentario".

En fronte estaba un presidente galego que, tras ter tamén unhas palabras de recordo para Caballero, que se illou e non acudiu ao Parlamento neste pleno tras o positivo en covid-19 do seu fillo maior, lembrou que facer "seguidismo" ao Executivo central só serviu á anterior directiva socialista para seguir "na oposición".

Neste punto, Feijóo esgrimiu que só poderá haber puntos de "acordo, diálogo e consenso" se renuncia ao "seguidismo" ao Goberno central e aposta por "defender os intereses de Galicia". "Pero se renuncia a acompañarnos na defensa de Galicia e o BNG sigue como socio permanente do PSOE, comprenderá que o PPdeG e a Xunta son máis necesarios que nunca en defensa dos intereses de Galicia", dixo.

REPARTO "DISCRECIONAL"

"Non é bo estar a insistir na defensa do que faga o Goberno central sexa dun partido ou doutro", reivindicou o presidente galego, quen instou aos socialistas a que, se o Executivo de Sánchez dá algún paso que "prexudique" a Galicia, denúncieno. E neste punto, insistiu en que lle "sorprende" que "molestase" que a Xunta realizase "unha solicitude formal" de explicacións ao Executivo central --coa advertencia de que se non hai resposta ou non é favorable acudirase á vía xudicial-- ante o que a Xunta ve "unha repartición discrecional" dos fondos de emprego.

Deste xeito, volveu a criticar que o Ministerio se reservase para si fondos das políticas activas de emprego (máis de 450 millóns) e procedese a unha repartición entre varias comunidades á marxe da conferencia sectorial. Pero tamén reivindicou a execución dos fondos de emprego en Galicia (por encima do 80% en 2020 e máis do 78% antes do peche do exercicio en 2021).
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Luís Álvarez e Begoña Rodríguez Rumbo, na primeira xunta de portavoces do Parlamento de Galicia tras a substitución de Gonzalo Caballero. PSDEG

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.