Renfe volverá a cobrar por cambiar billetes a partir do 15 de febreiro

Vén de ampliar o prazo por mor da alta taxa de contaxios rexistrada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2022

Renfe ampliou ata o próximo 15 de febreiro o prazo para que os seus clientes poidan cambiar os billetes sen gasto nos trens AVE, Longa Distancia, Avant e Media Distancia, debido á elevada taxa de contaxios por covid-19. A operadora activou esta medida co inicio da pandemia e supuxo a devolución aos viaxeiros dun total de 2,57 millóns de billetes cun valor de 97,5 millóns de euros, pola declaración do estado de alarma e as restricións á mobilidade derivadas da crise sanitaria.

No entanto, nesta ocasión, só o cambio será gratuíto mentres que as anulacións terán os correspondente cargos vinculados á tarifa de billete adquirida. Só na tarifa 'Prémium' será gratuíta a cancelación, fronte á recarga do 5%habitual. Por iso, a compañía recomenda incluír o extra de cambios ou anulacións, que actúa como un seguro ante imprevistos, ao adquirir un billete 'Básico'. Outra opción é comprar un billete 'Elixe' ou 'Prémium', que si contemplan cambios e devolucións máis flexibles.

Ante a alta taxa de contagios por Ómicron, Renfe tamén ampliou temporalmente a caducidade dos títulos multiviaje Avant, Abono Cartón Plus e Cartón Plus 10 ata o 30 de xuño de 2022, unha medida que xa se activou en outubro de 2020 e volve rescatarse agora. Renfe lembra que mantén os procedementos de limpeza e desinfección de todos os trens, que foron recoñecidos cos certificados Aenor e SGS fronte ao Covid-19 para o transporte de viaxeiros.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Vagón dun tren AVE de Renfe nas vías da Estación de Atocha, en Madrid (España), a 6 de febreiro de 2020.. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.