"Tongo" no #BenidormFest coas #Tanxugueiras?... Desde a "lingua inventada" ata o voto do xurado

As redes non paran de ferver tras a polémica decisión do xurado do Benidorm Fest de tentar deixar fóra ao grupo galego. As Tanxugueiras clasificáronse grazas ao voto do público.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/01/2022

"Tongo", "ridículo", "vergoña".... Moitos calificativos e ningún "a xeito" para definir a esperpéntica decisión do xurado do Benidorm Fest e a narración dos presentadores sobre a soberbia actuación das Tanxugueiras.

Uns berros que non só incendiaron as redes sociais, senón que tamén se puideron escoitar no propio festival cando o xurado deu a coñecer as cancións gañadoras, deixando ás Tanxugueiras de quintas e, polo tanto, sen posibilidades de poder acceder a final. Só o voto do público, masivo a favor delas, as colocou na segunda posición.

De feito, foron moitos os que denunciaron que o seu voto daba "erro". E non un ou dous televidentes, senón que foron moitos os que se quixaron en redes da "manipulación" das propias votacións telemáticas do público. De momento, a organización non se pronunciou sobre o sucedido nin sobre as mensaxes de erro que moitos televidentes recibiron nos seus teléfonos móbiles ao votar.

AS TANXUGUEIRAS: "QUEDAMOS CON TODA A XENTE QUE APOSTA POR NÓS"

As Tanxugueiras teñen claro o acontecido: "Cremos que (o xurado) ten as cousas bastante claras e son os seus gustos. Non lle poderemos dar a volta. Quedamos con toda esa xente que aposta por nós", apuntou Sabela Maneiro, unha das integrantes.

"LINGUA INVENTADA"

Outro dos momentos máis criticados do festival foi cando os presentadores dixeron que "Bélxica llevó a Eurovisión dous años unha canción en lengua inventada", aínda que, posteriormente tentaron amañalo asegurando que "las Tanxugueiras no inventan nada".

 

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Actuación das Tanxugueiras no Benidorm Fest / RTVE

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.