Varios municipios senten un terremoto de magnitude 4,7 rexistrado fronte ás costas galegas

Tremeron localidades como Porto do Son, Ribeira, Vigo, Santiago, Ames ou Laracha.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022

Un terremoto de magnitude 4,7 rexistrado no Atlántico fronte ás costas de Galicia na tarde deste xoves sentiuse en varios municipios de varias provincias, como a capital Santiago de Compostela. Segundo a información actualizada polo Instituto Xeográfico Nacional, este tremor sucedeu sobre as 15,44 horas con epicentro a tres quilómetros de profundidade.

En varias localidades galegas, como a cidade de Santiago de Compostela, a veciñanza sentiu este sismo, que fixo vibrar mesmo mobiliario. Fontes do 112 Galicia indicaron a Europa Press que o servizo de emerxencias tamén recibiu chamadas de veciñanza de localidades costeiras como Porto do Son, Ribeira, e Vigo, así como de municipios do interior como Santiago, Ames e A Laracha, onde sentiron o tremor.

Previamente, ás 14,57 horas deste xoves, rexistrouse outro terremoto de magnitude 3,7 no Atlántico fronte á costa galega. Posteriormente a ambos, detectouse un terceiro tremor ás 15,58 horas deste xoves de magnitude 2,5 con epicentro tamén no Atlántico fronte á costa galega a tres quilómetros de profundidade.

Por parte do 112 Galicia manifestaron que, en principio, ata a data non teñen constancia de danos persoais nin materiais.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Terremoto fronte á costa galega.. IGN / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.