A sexta onda non marcha de Galicia e seguen subindo os casos Covid ata os 68.419

Os casos activos crecen en todas as áreas, pero A Coruña, Ferrol e Lugo frean os novos contaxios

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 28/01/2022

Os novos casos de Covid-19 repuntaron levemente nas últimas horas en Galicia e alcanzaron os 6.362 contaxios (fronte aos pouco máis de 6.000 notificados na xornada do xoves), e os casos activos volveron a subir, ata as 68.419 infeccións. Con todo, a presión nos hospitais descendeu lixeiramente, e hai 44 persoas en UCI e 596 en planta.

Así se reflicte no balance publicado este venres pola Consellería de Sanidade, con datos solicitados ata as 18,00 horas do xoves, e no que se informa de, ata agora, contaxiáronse 405.459 persoas, é dicir, que hai 6.362 contaxios novos nas últimas 24 horas.

Por áreas sanitarias, as da Coruña, Ferrol e Lugo retardan o seu número de contaxios e notifican, respectivamente, 1.312, 276 e 614 infeccións novas detectadas. Na área de Vigo rexistráronse na última xornada 1.772 contaxios; na área de Santiago, as novas infeccións son 1.103; na de Ourense notificáronse 659 novos contaxios; e na de Pontevedra rexistráronse 626 novos casos.

No cómputo global, Galicia alcanza este venres os 68.419 casos activos de Covid-19, o que supón 2.055 casos máis que hai 24 horas. A área sanitaria de Vigo segue á cabeza no número de infeccións, e rexistra 18.057 persoas con Covid (744 máis que hai un día); seguida pola área da Coruña, con 14.706 casos (304 máis); e a área de Santiago, con 10.754 casos (465 máis).

Na área sanitaria de Pontevedra o número de casos activos de Covid subiu a 7.729 (102 máis); na de Ourense hai un aumento de 173 casos, ata os 6.986; na área de Lugo os casos chegan a 6.927 (217 máis); e na área de Ferrol hai 3.260 casos activos (50 máis).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión da pandemia nos hospitais de Galicia, as cifras experimentaron unha lixeira melloría nas últimas horas, cun descenso de 4 pacientes en Unidades de Coidados Intensivos, que agora teñen 44 persoas; e cun paciente menos en planta, o que fai un total de 596 enfermos.

Por áreas sanitarias, a da Coruña conta co maior número de enfermos con Covid en coidados críticos, 11 (igual que hai un día), mentres que hai 8 pacientes en UCI da área de Vigo (os mesmos que hai un día). Na área de Lugo mantéñense 7 enfermos en UCI; na área sanitaria de Pontevedra son 6 os pacientes en coidados críticos (un menos); na área de Santiago a UCI ten 5 pacientes (dous menos); na área de Ourense tamén hai 5 pacientes graves (un menos); e na área de Ferrol o número de pacientes en UCI mantense en 2.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Un traballador sanitario realiza un test de covid a un estudante da Universidade de Vigo. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.