Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2022
Sanidade administrou nas últimas horas outras 17.572 doses da vacina contra a Covid-19, de maneira que ascenden a 6.362.531 as doses administradas desde que se iniciou a campaña de vacinación, segundo os datos publicados este venres pola Consellería.
Das últimas doses administradas, 1.409 foron para completar pautas, o que significa que un 88,72 % da poboación galega recibiu a pauta completa de vacinación (2.395.556 persoas).
Con respecto ao proceso de vacinación infantil --os datos de Sanidade non separan o grupo etario principal da poboación pediátrica en fase de inmunización de 5 a 11 anos-- foron vacinados ata a data 115.148 menores de 10 a 14 anos de idade, e 84.404 de 5 a 9 anos.
A xornada do pasado 15 de xaneiro pechou a primeira fase da vacinación infantil en Galicia. Tras ela, Galicia cumpriu, tres semanas antes, o obxectivo marcado polo Ministerio de Sanidade de lograr o 70 por cento de cobertura nesta poboación de 5 a 11 anos o 7 de febreiro.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Unha persoa recibe a terceira dose da vacina contra o Covid-19, a 19 de novembro de 2021, en Pontevedra.. Beatriz Ciscar - Europa Press / Europa Press