Renfe ofrece máis de 28.500 prazas en trens AVE e Alvia entre Galicia e Madrid para esta ponte

Os festivos do Día das Letras Galegas e San Isidro fan que haxa moita mobilidade entre os dous territorios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2022

Renfe ofrece máis de 28.500 prazas nos seus trens AVE e Alvia que conectan Galicia con Madrid para viaxar entre o 13 e o 17 de maio, días coincidentes coa festividade de San Isidro e do Día das Letras Galegas. Deste total de prazas, uns 2.000 asentos son extra, é dicir, o 7%, informa a compañía nun comunicado.

O día de San Isidro, festividade que en Madrid se traslada ao luns 16, e o Día das Letras Galegas, que se celebra o 17 en toda Galicia, transforman este fin de semana nunha longa ponte no que se incrementou a demanda de billetes para viaxar entre ambas as autonomías.

Por este motivo, Renfe vai reforzar durante toda a ponte o número de prazas neste corredor para facilitar a mobilidade dos viaxeiros.  Os billetes para toda a oferta entre Galicia e Madrid están á venda nas canles habituais: os despachos de billetes das estacións, app de Renfe, o teléfono 912 320 320, as máquinas autoventa e na web www.renfe.com.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Tren AVE coa insignia do Xacobeo / Renfe. / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.