Xesús Alonso Montero, "un dos ensaístas máis importantes de Galicia", elixido Premio Laxeiro 2023

Caballero reuniuse este xoves co director da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, e o anterior presidente da RAG, Xesús Alonso, para coordinar os actos do Día das Letras Galegas

Por E.P. | VIGO | 01/12/2022

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu de forma unánime outorgar o Premio Laxeiro 2023 ao catedrático emérito de Literatura Galega e membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.

Sobre esta decisión falou este xoves, na súa rolda de prensa diaria, o alcalde de Vigo, Abel Caballero. O rexedor vigués destacou a "unanimidade" dos membros do padroado da fundación que outorga o premio. "A proposta foi asumida por todos os membros", engadiu. Así mesmo, Caballero puxo en valor a traxectoria de Xesús Alonso Montero e comentou que se trata de "un dos ensaístas máis importantes e notables de Galicia das últimas décadas".

Ademais, o padroado da Fundación Laxeiro fixo balance da súa acción neste 2022, ano no que, entre outras actividades, desenvolvéronse dúas exposicións dedicadas a Laxeiro e que a fundación pechará coa mostra 'Un poema para Laxeiro', acto que se inaugurará o próximo 15 de decembro.

REUNIÓN COA REAL ACADEMIA GALEGA

Por outra banda, Caballero reuniuse este xoves co director da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, e o anterior presidente da RAG, Xesús Alonso, para coordinar os actos do Día das Letras Galegas, data na que o próximo ano homenaxearase ao escritor Francisco Fernández del Riego, intelectual que faleceu en Vigo no ano 2010.

"Queremos que esta conmemoración teña unha especial acción e presenza en Vigo porque da Rega é parte da historia da cidade, da historia cultural e política de Vigo e queremos renderlle unha gran homenaxe", explicou o alcalde ao final do encontro.

Por iso, Vigo acollerá durante todo os 2023 actos conmemorativos e "fará un recoñecemento da traxectoria e da acción cultural, política e vital" do escritor, intelectual e promotor da Editorial Galaxia.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Reunión do padroado da Fundación Laxeiro.. CONCELLO DE VIGO / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.