Así é o coliving, o modelo de vivenda compartida que está en pleno auxe

Representará unha oportunidade de negocio de aluguer de máis de 64.000 millóns de euros en 2026.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2023

Co paso do tempo, a sociedade mudou a súa forma de vivir e traballar. A adaptación a un novo ritmo de vida, xunto coa dificultade de acceso a un fogar, xerou a chegada de novas solucións inmobiliarias, como o 'coliving'. Trátase dun modelo de vivenda compartida, que xa está consolidado nas principais cidades europeas. As facilidades que se ofrecen aos colivers, xunto ás sinerxías que se crean co modelo de coworking, fan do coliving un modelo moi atractivo para mozos emprendedores que buscan un novo modelo de vida.

Neste momento calcúlase que o modelo coliving representará unha oportunidade de negocio de aluguer de máis de 64.000 millóns de euros en 2026, só en Europa, sinalan fontes de Aticco. Ademais, é un sector en auxe, xa que segundo un estudo realizado por Cushman & Wakefield prevese que nos próximos 10 anos facturará 550.000 millóns de euros. O ano pasado o Aticco coliving tivo un índice de ocupación do 98%. Isto débese á facilidade que proporciona esta vivenda á hora de alugar un piso, grazas á flexibilidade e adaptabilidade ás circunstancias persoais de cada un.

En España tamén medra o coliving, sobre todo entre os mozos, que o consideran unha boa opción para vivir, de feito a idade media dos colivers é de 28 anos. “Os colivings son unha excelente alternativa para os mozos profesionais que buscan flexibilidade, un ambiente comunitario e máis servizos nos seus aloxamentos como terrazas, grellas, ximnasio ou mesmo piscina a un prezo razoable”, explica David Uriarte, CEO de Aticco Living.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Moine

Isso há tempo que está inventado; chama-se: re-aluguer. Nos anos 50 e 60 do século passado, as cidades estavam inçadas de andares onde viviam duas ou mais famílias. É dizer, tornamos aos tempos da miséria e da fame.


Coliving - AQ Acentor

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.