O Parador de Muxía, o mellor hotel en contorna natural de España para os lectores de National Geographic

O parador, que reabrirá as súas portas este mes, foi concibido tras a catástrofe do Prestige

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 24/03/2023

O Parador de Muxía  foi elixido polos lectores da revista Viaxes National Geographic como o mellor hotel en contorna natural de España. O parador, que reabrirá as súas portas o próximo 31 de marzo tras o peche por tempada, foi valorado pola súa "mellora continua, a innovación e a excelencia nos seus servizos para crear experiencias únicas".

"Este premio é un recoñecemento á aposta da cadea Paradores polo coidado e respecto das contornas naturais onde se sitúan os seus establecementos. Todo o equipo que traballamos en Costa da Morte asumimos este galardón con responsabilidade, satisfacción e orgullo do enclave de onde nos situamos", sinalou o director, Julio Castro.

Aberto desde o verán de 2020, o Parador foi concibido tras a catástrofe do Prestige nunha localidade considerada o epicentro simbólico da marea negra provocada polo afundimento do buque en augas do Atlántico do que se cumpriu 20 anos o pasado mes de novembro.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Parador Costa da Morte / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.