Denuncian que o Concello de Touro aprobou unha oposición "a medida da filla" dun afiliado do PP

Movemento Veciñal de Touro sinala que a praza de funcionaria auxiliar administrativa está deseñada por un "funcionario municipal vinculado ao PP"

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/03/2023

Movemento Veciñal de Touro denuncia que as bases dun concurso-oposición "están feitas a medida da filla" dun funcionario municipal vinculado ao PP. O partido local preguntou no pleno se as bases foran "froito da casualidade ou feitas a medida" xa que indica que a puntuación dos méritos coincide coa experiencia laboral da filla do funcionario. O alcalde, Ignacio Codesido, respondeu e argumentou "que non foi casualidade". 

Segundo explica Movemento Veciñal, a persoa presuntamente beneficiaria do concurso empezou a traballar no Concello como auxiliar administrativa cun contrato temporal de seis meses que lle foron prorrogando. "No momento de probación das bases, acumulaba os tres anos de experiencia que lle dan a puntuación máxima segundo as bases", manifestan. 

As bases do proceso foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local de Touro en maio de 2022 "nunhas circunstancias sospeitosas" segundo o Movemento Veciñal de Touro, "aproveitándose" que o pai da presunta beneficiada exercía temporalmente de secretario substituto. Unha persoa que con anterioridade fora candidato á alcaldía de Touro polo PP. 

Desde Movemento Veciñal están preparando actuacións para repoñer a legalidade do proceso e "eliminar o enchufismo". "Para que todas as persoas interesadas poidan participar na oposición de xeito libre e en condicións de igualdade, mérito e capacidade como determina a lei", conclúen.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, nun pleno / Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.